Mostra de interior:


16,00 €
32 pp. 22,5 x 21,5 cm
ISBN: 978-84-18567-69-8
Capa dura. Cosido con fío vexetal
Impreso en papel ecolóxico.
Segundo álbum ilustrado creado por Ana López Quintela, educadora infantil, despois de Na busca de Antón. Nesta historia coñeceremos unha familia. A protagonista, June, ten dúas mamás, e terá que descubrir que nace dentro da barriga da súa nai máis cantareira…
Idade de interese: + 3
Nivel de lectura: +5
TEXTO CONTRACAPA
Eu teño dúas mamás, ben distintas por dentro e por fóra.
Hoxe veño contarvos unha historia moi divertida, sobre o que tiña miña nai dentro da súa barriga.
ARGUMENTO
June, a protagonista deste marabilloso conto, ten dúas mamás. Ben diferentes entre elas. Un día foron ao hospital e agora algo está a medrar no ventre da nai máis cantareira, pero June non sabe o que é. Escoita ás mamás falar da semente que está a medrar dentro, e ela entón pensa se será un arando… unha cereixa… unha ameixa… un limón… un aguacate… ou unha manga. Ata que un día descobre que é o seu irmán Teo a quen gardaba a súa mamá na barriga, e con quen axiña poderá xogar.
CLAVES PARA A LECTURA
O primeiro álbum escrito e ilustrado pola mestra en Educación Infantil Ana López Quintela (Santiago, 1997) aposta polas novas masculinidades e reflexiona, a través da historia de Antón, sobre os “roles” de xénero.
TEXTO CONTRACAPA
Antón aínda non ten un ano,
por iso pouco fala,
así que descoñecemos
se lle gustarán os trens ou as fadas.
CLAVES PARA A LECTURA
Por que, se é neno, hai que asignarlle a cor azul; e, se é nena, a cor rosa?
Por que, se é neno, tenlle que gustar o fútbol; e, se é nena, a danza?
Velaquí un conto que se formula todas estas preguntas e que aposta pola transformación das “vellas” masculinidades e dos estereotipos de xénero.
Así o resume a súa autora, Ana López Quintela:
«A literatura infantil é unha das armas máis bonitas e delicadas que temos para a transmisión de valores na primeira infancia. Cando naceu o meu afillado, quixen facerlle un agasallo: este conto. Xorde pola miña preocupación ante a desigualdade que aínda estamos a vivir hoxe, malia os avances: as crianzas, dende moi pequenas, xa se ven influenciadas polos ‘roles’ de xénero, por uns esquemas que temos fixados as persoas adultas sobre o que se considera axeitado ou non axeitado, e que transmitimos dun xeito inconsciente. Este álbum ilustrado contén, pois, unha mensaxe: cada persoa ten a liberdade de elixir que a define, independenteme de como se identifique».
Idade de interese: + 3
Nivel de lectura: +5
32 páxinas Formato: 25×21 cms
ISBN 978-84-16460-18-2
Capa dura.
Un álbum ilustrado que convida a compartir e a reflexionar sobre a diversidade [+3 anos].
EDICIÓN RENOVADA EN TAPA DURA
Antón xa sabía ler só, pero quería compartir o seu libro favorito. Saíu todo contento polo barrio e buscou, e buscou… pero nada. Todo o mundo parecía tan ocupado…! Ata que atopou alguén inesperado con quen facer realidade o seu desexo…
Queres ler este libro comigo?
IDADE DE INTERESE: + 3
NIVEL DE LECTURA: + 5
Un álbum ilustrado no que se reflexiona, dun xeito divertido e didáctico, sobre a necesidade de compartir: neste caso, compartir un libro. O protagonista quere ler con alguén o seu libro favorito. Porque todo o que se comparte alcanza maior dimensión.
Ademais, este conto axuda a tratar temas como a exclusión, promovendo o respecto á diversidade. Revélanos que nunca debemos dar nada por feito. Que arredor dun hai todo un mundo de experiencias por descubrir e que todas as persoas suman nel.
Un conto para primeiras lecturas: «A unión é a nosa forza»
[COS TEXTOS EN MAIÚSCULAS PARA FACILITAR A LECTURA]
FICHA TÉCNICA 52 pp. 20 x 20 cm
ISBN: 978-84-18567-51-3
Traducidos do polaco ao galego por Ana Garrido.
Coa supervisión de María Reimóndez.
Idade de interese: +3
Creado polas autoras polacas Małgorzata Swędrowska e Joanna Bartosik, mostra, dun xeito divertido e rachando cos clixés tradicionais, o día a día entre irmáns e irmás vistos desde os ollos deles mesmos.
TEXTO CONTRACAPA
O meu irmán parécese a min.
Entendémonos de marabilla.
A miña irmá é distinta a min.
Complementámonos perfectamente.
Co meu irmán salto sobre nubes.
Coa miña irmá sobrevoo montañas.
Tanto teñen as nosas diferenzas
A unión é a nosa forza.
ARGUMENTO
A través de 50 escenas ou viñetas vaise retratando o día a día entre irmáns e irmás. Ollados desde o seu propio punto de vista, vanse sucedendo situacións divertidas, soñadoras e poéticas.
CLAVES PARA A LECTURA
Historias ilustradas para nenas e nenos a partir dos 3 anos. Este conto complétase con outros dous títulos das mesmas autoras tamén publicados por Alvarellos Editora no selo Verdemar: Mamás e Papás e Avoas e Avós. Os tres foron traducidos ao galego, directamente dende o polaco pola filóloga Ana Garrido. Os contos desenvolven outra mirada sobre as familias. Quen é o meu irmán ou a miña irmá? Quen son as persoas que me queren? Que fan cada día? Que desexan?…
O primeiro álbum escrito e ilustrado pola mestra en Educación Infantil Ana López Quintela (Santiago, 1997) aposta polas novas masculinidades e reflexiona, a través da historia de Antón, sobre os “roles” de xénero.
TEXTO CONTRACAPA
Antón aínda non ten un ano,
por iso pouco fala,
así que descoñecemos
se lle gustarán os trens ou as fadas.
CLAVES PARA A LECTURA
Por que, se é neno, hai que asignarlle a cor azul; e, se é nena, a cor rosa?
Por que, se é neno, tenlle que gustar o fútbol; e, se é nena, a danza?
Velaquí un conto que se formula todas estas preguntas e que aposta pola transformación das “vellas” masculinidades e dos estereotipos de xénero.
Así o resume a súa autora, Ana López Quintela:
«A literatura infantil é unha das armas máis bonitas e delicadas que temos para a transmisión de valores na primeira infancia. Cando naceu o meu afillado, quixen facerlle un agasallo: este conto. Xorde pola miña preocupación ante a desigualdade que aínda estamos a vivir hoxe, malia os avances: as crianzas, dende moi pequenas, xa se ven influenciadas polos ‘roles’ de xénero, por uns esquemas que temos fixados as persoas adultas sobre o que se considera axeitado ou non axeitado, e que transmitimos dun xeito inconsciente. Este álbum ilustrado contén, pois, unha mensaxe: cada persoa ten a liberdade de elixir que a define, independenteme de como se identifique».
Idade de interese: + 3
Nivel de lectura: +5
76 pp. 26,5 x 20 cms
ISBN: 978-84-16460-60-1
Capa Dura. Cosido a fío. Impresión offset.
Publicado orixinalmente en Australia pola editorial indíxena Magabala Books, traemos ao galego por vez primeira o álbum ilustrado de Dub Leffler Había unha vez un neno. Unha historia sinxela e universal que conmove dende a primeira páxina. As ilustracións son magníficas, verdadeiras obras de arte.
Traducido por Marta Pérez e Quique Alvarellos.
TEXTO CONTRACAPA
Unha historia conmovedora e universal sobre a amizade, os desencontros e as reconciliacións.
“Escribín Había unha vez… para amosarlle a quen o lea que os nenos tamén teñen sentimentos –igual que as nenas– e que outras persoas tamén nos poden facer dano, e non pasa nada, sobre todo cando deixas que as amizades che boten unha man cando te sentes triste.” Dub Leffler.
ARGUMENTO
Había unha vez un neno que vivía só nunha illa. De súpeto coñece a unha nena. El pídelle que non mire dentro dunha pequena caixa que el garda con moito segredo, pero a ela pódelle a curiosidade… Ao final triunfa a reconciliación, a comprensión, a xenerosidade e a amizade.
CLAVES PARA A LECTURA
Partimos dunha historia sinxela e universal: a inocencia da amizade, os desencontros e as reconciliacións. A través dun relato que xira arredor dun neno, unha nena, unha illa deserta, un froito que sabe a chocolate e un corazón roto, extraemos unha lección para todos. A necesidade de compartir e comprender os sentimentos das outras persoas, poñéndonos na súa pel.
As ilustracións son magníficas: as impoñentes paisaxes da illa, un océano que vai cambiando as súas cores, as sombras dos mangleiros ou a forza dese corazón dourado… son todas verdadeiras obras de arte.
Idade de interese: +6
Nivel de lectura: +6
ISBN 978-84-18567-02-5 Pp: 28.
Formato: 22,5 x 21,5 cm
Cartonado.
Impreso en Papel Amigo dos Bosques. Cosido a fío.
Pere Tobaruela e Víctor Boullón preséntannos unha proposta nova para xogar coas palabras e voar coas imaxes: un álbum ilustrado composto todo el de palíndromos, esas palabras que igual se len ao dereito que ao revés.
TEXTO CONTRACAPA
Xoga coas palabras.
Voa coas imaxes.
Descobre o mundo
dos palíndromos…
CLAVES PARA A LECTURA
Sabes o que son os palíndromos? “Palíndromo” vén do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Son, pois, esas palabras que se poden ler igualmente de esquerda a dereita ou ao revés.
Este incrible conto está feito todo el de palíndromos. Pero non só os textos. As imaxes tamén convidan a buscar ese mundo de simetrías, ese xogo de espellos…
Así nolo contan os seus autores:
«”Palíndromo”, do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Ou dito doutra maneira: xogar coas palabras. Pois a Víctor e a Pere non só nos gusta xogar coas palabras; tamén xogamos coas imaxes. Pasámolo ben así e agardamos que as lectoras e lectores que vos mergulledes neste conto de SoñoS tamén o pasedes de marabilla. Levamos uns anos facendo proxectos xuntos, pero nunca fixemos un libro coma este, no que deixamos voar a nosa imaxinación ata límites insospeitados. Máis nada, xoguemos, soñemos!».
Idade de interese: +3
Nivel de lectura: +5
[EN LETRA MAIÚSCULA PARA FACILITAR A LECTURA]
52 pp. 20 x 20 cm
ISBN: 978-84-18567-50-6
Capa dura. Cosidos con fío vexetal.
Impresos en papel ecolóxico.
+ 3 anos
Creado polas autoras polacas Małgorzata Swędrowska e Joanna Bartosik, mostra, dun xeito divertido e rachando cos clixés tradicionais, o día a día de avós e avoas nos fogares, vistos desde os ollos dos seus netos e netas.
TEXTO CONTRACAPA
COA AVOA TODO É POSIBLE.
CO AVÓ TODO É POSIBLE.
ELA ATOPA TESOUROS NOS SEUS PETOS.
EL ADIVIÑA OS MEUS SOÑOS.
O AVÓ FALA CON TENRURA.
A AVOA ABRAZA CON DOZURA.
NA TERRA OU NAS ALTURAS
O SEU CARIÑO PERDURA
ARGUMENTO
A través de 50 escenas ou viñetas vaise retratando o día a día de avoas e avós nas súas vidas cotiás e o seu papel nos fogares. Ollados desde o punto de vista da xente máis nova da casa, vanse sucedendo situacións divertidas, soñadoras e poéticas.
CLAVES PARA A LECTURA
Historias ilustradas para nenas e nenos a partir dos 3 anos. Este conto complétase con outros dous títulos das mesmas autoras tamén publicados por Alvarellos Editora no selo Verdemar: Mamás e Papás e Irmás e irmáns. Os tres foron traducidos ao galego, directamente dende o polaco pola filóloga Ana Garrido. Os contos desenvolven outra mirada sobre as familias. Quen é a avoa e o avó? Quen son as persoas que me queren e atenden? Que fan cada día? Que desexan?…
