RETORNO A IRIA FLAVIA [CENTENARIO DE CJC 1916-2016]
20,00 €252 pp | 14 x 21 cms | tapa dura
ISBN-13: 978-84–89323–08–7
ISBN-10: 84–89323–08–9
1ª edición: novembro, 2006
Obra dispersa y olvidada, 1940-2001
Camilo José Cela, Premio Nobel e xenio universal das Letras, sentíase fondamente galego, consciente de pertencer a unha cultura singular. Retorno a Iria Flavia é unha viaxe definitiva de regreso á súa terra.
Medio cento de traballos nos que Galicia é a cerna da súa creación e reflexión –artigos, ensaios, epistolarios– constitúen esta primeira antoloxía “galega” da súa obra. Aparecen agora reunidos por vez primeira nun libro dende o seu primeiro artigo, escrito en 1940 e dedicado a Emilia Pardo Bazán, até as derradeiras columnas publicadas no diario ABC pouco antes do seu pasamento.
Engádense a estes traballos catro documentos –un deles inédito– da correspondencia mantida con senlleiros representantes da actividade política e cultural nacionalista galega de preguerra, algúns dos que traballaban na súa reactivación nos anos 50: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Fernández del Riego e Celso Emilio Ferreiro.
Como colofón, reprodúcense varios manuscritos e unha galería gráfica con fotos pouco divulgadas e algunhas inéditas.
Retorno a Iria Flavia é, en definitiva, unha mostra patente de sesenta anos continuados de relación fondamente afectiva e mutuamente enriquecedora entre o escritor e o seu país natal.