25/02/2012, ABC.es, «El libro de los besos y la niebla». 16/11/2011, ABC.es, «Xose Carlos Carneiro reúne prosa poética y pensamientos que muerden el alma». 15/11/2011, La Voz de Galicia, Xosé Carlos Caneiro: «El gran amigo del escritor es el lector».
ABRINDO FIESTRAS EN CARNE VIVA
9,00 €1º Premio XL Certamen de Poesía do Concello de Vilalba
Formato: 14 x 21 cms. Páxs. 64
ISBN: 978-84-89323-99-5
A poesía érguese neste libro como unha forma de dar orde ao caos do universo, ás «dimensións do baleiro». Estruturado en cinco partes, denominadas «Fiestras…», nesta obra. o poeta interroga á soidade, ao esquecemento, á desilusión.
A lingua emerxe coma o seu piar: «lingua que me colles dende o berce / e me afastas do silencio orixinal».
O autor detense tamén na denuncia social, cantando aos «eslombados», aos «calados e ignorados». E hai un espazo así mesmo para o amor, o «feitizo».
Esta obra logrou o primeiro premio na edición número 40 (2014) do xa histórico Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo).
