• 0 Items - 0,00 
    • No hay productos en el carrito.

6,00 

Cartel histórico de 1936: «Estatuto de Galicia, SI» (facsimilar)

Camilo Díaz Baliño

Formato: 32×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

Histórico cartel da campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia plebiscitado o 28 de xuño de 1936. Reproducido en edición facsimilar e tratado polo deseñador Martiño Picallo. É un dos traballos máis coñecidos, e brillantes, deste pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo en 1936. Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

Neste «Estatuto de Galicia, SI» vemos, sobre fondo claro, unha muller vestida de azul que se apoia nunha gran roda dentada, alusiva ao progreso, e levanta coa esquerda unha pola de oliveira, símbolo da vitoria. No peito leva o Escudo de Galicia, e a súa cabeza vai cuberta por un amplo pano, que lle tapa os ollos, coma unha sacerdotisa, levando na cima unha estrela.

Abaixo, a carón da sinatura do autor aparece o nome da imprenta orixinal: Offset Roel Vigo. A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela.

 

Compartir
Alvarellos Editora
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.