Cartel histórico de 1924: Festas de Santiago (facsimilar)
6,00 €Camilo Díaz Baliño
Formato: 20×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.
O autor deste cartel das Festas de Santiago de 1924 é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo o 14 de agosto de 1936.
Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).
A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.