• 0 Items - 0,00 
    • No hay productos en el carrito.

6,00 

Cartel histórico de 1931: Coral de Ruada (facsimilar)

Camilo Díaz Baliño

 

Formato: 32×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

O autor é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado e asasinado polo franquismo en 1936.

 

Como escenógrafo da Coral de Ruada, viaxa por América durante cinco meses do ano 1931. E este é o cartel que ideou para aquela xira. Este grupo polifónico foi fundado en Ourense en 1918 e hoxe, máis de cen anos despois, segue moi activo.

 

Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

 

A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.

Compartir
Alvarellos Editora
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.