Orixe orzánica das sereas todas
14,00 €Unha Galicia imaxinada na que Urbano Lugrís ingresa en 1953 na Academia Galega da Lingua.
Pp.: 130. Formato 14 x 19,5 cms.
ISBN 978-84-16460-97-7
Presentamos unha moi orixinal proposta narrativa. Soñar mundos, imaxinar universos, debuxar ignotos ronseis… Velaquí a función, especialmente milagrosa, da literatura. Ser quen de reescribir vidas e tempos. O artífice deste libro, Rodrigo Osorio, proponnos nesta Orixe orzánica das sereas todas un xogo marabilloso, un reto tamén. Os protagonistas son o pintor e escritor Urbano Lugrís González e o escritor Leandro Carré Alvarellos. Arredor deles, ou canda eles, deberemos mergullarnos na orixe orzánica das sereas todas, e deixar que o misterio das ondas nos leve polo vieiro dos soños.
Rodrigo Osorio, integrante do colectivo lugrisán In Nave Civitas, é un dos impulsores da reivindicación da vida e obra de Urbano Lugrís. Nesta obra, Osorio soña unha Galicia ideal e imaxina como tería sido o noso país sen Franco, nin guerra, nin ditadura. Unha sociedade na que o xenial artista pronuncia o seu discurso de ingreso na Academia Galega da Lingua. É o 19 de novembro de 1953.