• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Carlos Negro

(Lalín, 1970). A súa experiencia vital abrangue tres oficios de paciencia: poeta, profesor e pai; leva desde os anos noventa publicando con regularidade, con premios nalgúns casos, sen eles tamén. Gústalle ir polos institutos, cargado de versos e onzas de chocolate. Ás veces ponse irónico e escribe aforismos ou dicionarios diabólicos. Sente debilidade polos contos de pantasmas, as orquídeas en flor e os acrósticos inesperados. Con Estrita necesidade pon as entrañas a clareo, mentres unhas mans familiares pranan unha mazá sobre o mesado da cociña.

Libros do Autor

Estrita necesidade

14,50 

Carlos Negro | Fotografías de Benxamín Otero

 

Páxinas: 102. Formato 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-05-6

 

Versos e fotografías compoñen a nova obra de Carlos Negro, ilustrada coas imaxes de Benxamín Otero. Leva por título Estrita necesidade e nela os autores renden homenaxe, escrita e visual, á xeración de pais e nais da posguerra, a uns tempos de racionamento, austeridade, duro traballo, afectos fondos e resistencia.

 

A carón dos versos de Carlos Negro emerxen as imaxes de Benxamín Otero, nun diálogo escrito e visual que se complementa á perfección.

 

Así describe a súa obra o seu autor Carlos Negro:

 

Este libro establece un diálogo coa figura paterna, pescuda nas tensións íntimas da masculinidade, captura a relación entre un corpo e os obxectos que o rodean, entre as mans e a ferramenta, entre a palabra e os múltiples silencios que habitan nas elipses dunha biografía. Este libro retrata unha xeración de homes que nunca botou os restos de comida ao caldeiro do lixo. E deixa sobre o prato a prana dunha mazá, a esencia da luz, o termar da memoria entre as sombras. Este libro é de estrita necesidade, como as fotografías que o alumean“.