Quero peixe!
16,00 €Áslaug Jónsdóttir
28 pp. 22,5 x 21,5 cms
ISBN: 978-84-16460-61-8
Quero peixe! é un conto islandés para nenas e nenos que saben o que queren. Escrito e ilustrado pola premiada autora Áslaug Jónsdóttir, narra a historia dunha nena que ten moi claro o que desexa, pero nin papá nin mamá semellan entendela. Un relato divertido e sinxelo creado para interactuar coas lectoras e lectores máis novos.
Traducido por Lawrence Schimel (coa colaboración de Quique Alvarellos).
TEXTO CONTRACAPA
Mar ben sabe o que quere.
ARGUMENTO
Mar ben sabe o que quere. Ela quere peixe! Papá e mamá cren saber o que pide Mar, e tráenlle xoguetes, roupa… e pensan que lle van gustar, pero Mar non quere iso. Ela quere peixe. Despois de moitas voltas e reviravoltas, mamá e papá entenderán por fin o que quere Mar e cociñan para ela o seu prato favorito.
CLAVES PARA A LECTURA
Describe a vida cotiá dun matrimonio cunha filla. A nena, que aínda non sabe ler nin escribir, ten unha idea firme na cabeza: quere comer peixe, pero papá e mamá nin se imaxinan que iso é precisamente o que ela quere. Non a entenden, e tráenlle unha chea de cousas que ela non pedía.
A historia reflicte a frustración dunha nena cuxos pais non chegan a entender o que ela pide.
Ilustracións moi doadas e directas que reforzan a comprensión das emocións da protagonista.
A obra revela, dun xeito divertido, a incapacidade que ás veces teñen os adultos para “escoitar” ás crianzas e entender o que elas realmente desexan.
Idade de interese: +3
Nivel de lectura: +5