• 0 Items - 0,00 
    • No hay productos en el carrito.

Autor

Áslaug Jónsdóttir

Áslaug Jónsdóttir naceu en Islandia en 1963. É escritora e ilustradora de contos para a infancia desde 1990, ano no que publica a súa primeira obra. Na década seguinte recibe numerosos recoñecementos (Lista de Honra IBBY, Bookseller’s Prize ao mellor libro do ano 2005 por Good Evening, Premio da Ilustración Islandesa, etc). En 2007 publica no seu país Ég vil fisk (Quero peixe!) traducida agora por vez primeira ao galego. “Cada álbum ilustrado debe alcanzar unha temperatura e un estado de ánimo axeitados -afirma a autora-. Eu traballo simultaneamente coas ilustracións, os textos e o deseño. Vexo a vida a través de imaxes e palabras, todo en conxunto”. 

Libros del Autor

Quero peixe!

16,00 

28 pp. 22,5 x 21,5 cms
ISBN: 978-84-16460-61-8

 

Quero peixe! é un conto islandés para nenas e nenos que saben o que queren. Escrito e ilustrado pola premiada autora Áslaug Jónsdóttir, narra a historia dunha nena que ten moi claro o que desexa, pero nin papá nin mamá semellan entendela. Un relato divertido e sinxelo creado para interactuar coas lectoras e lectores máis novos.

Traducido por Lawrence Schimel (coa colaboración de Quique Alvarellos)

 

TEXTO CONTRACAPA
Mar ben sabe o que quere

 

ARGUMENTO
Mar ben sabe o que quere. Ela quere peixe! Papá e mamá cren saber o que pide Mar, e tráenlle xoguetes, roupa… e pensan que lle van gustar, pero Mar non quere iso. Ela quere peixe. Despois de moitas voltas e reviravoltas, mamá e papá entenderán por fin o que quere Mar e cociñan para ela o seu prato favorito.

 

CLAVES PARA A LECTURA
Describe a vida cotiá dun matrimonio cunha filla. A nena, que aínda non sabe ler nin escribir, ten unha idea firme na cabeza: quere comer peixe, pero papá e mamá nin se imaxinan que iso é precisamente o que ela quere. Non a entenden, e tráenlle unha chea de cousas que ela non pedía.
A historia reflicte a frustración dunha nena cuxos pais non chegan a entender o que ela pide.
Ilustracións moi doadas e directas reforzan a comprensión das emocións da protagonista.
A obra revela, dun xeito divertido, a incapacidade ás veces dos adultos para “escoitar” ás crianzas e entender o que eles realmente desexan.

 

Idade de interese: +3

Nivel de lectura: +5