• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autoría

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981)foi un escritor extraordinariamente dotado. Exerceu o xornalismo e a literatura nas súas máis variadas formas (cronista, poeta, novelista, dramaturgo...). A súa pluma é unha das máis persoais, sedutoras e eruditas, tanto da literatura en lingua galega como en castelán. É o autor, no catálogo de Alvarellos Editora, dos libros Viajes y yantares por Galicia y Viaje a Lugo.

foi un escritor extraordinariamente dotado. Exerceu o xornalismo e a literatura nas súas máis variadas formas (cronista, poeta, novelista, dramaturgo...). A súa pluma é unha das máis persoais, sedutoras e eruditas, tanto da literatura en lingua galega como en castelán. É o autor, no catálogo de Alvarellos Editora, dos libros Viajes y yantares por Galicia y Viaje a Lugo.

Libros do Autor

El Camino de Santiago. El libro olvidado de 1965

18,50 

Álvaro Cunqueiro

 

140 pp . 14 x 21 cms
ISBN 978-84-18567-58-2
Capa dura. Con marcapáxinas en tea
Papel FSC Amigo dos Bosques

 

Alvarellos Editora rescata un libro esquecido do gran Álvaro Cunqueiro: El Camino de Santiago. Publicado en 1965 e nunca reeditado ata agora. Un coidado volume no que colaboran o fillo do autor, César Cunqueiro, e a especialista María Xesús Nogueira.

 

Descubrir un “novo” libro de Álvaro Cunqueiro é un pracer para os sentidos. E se ademais é unha guía do Camiño de Santiago, tan especial, tan persoal, tan chea de “sombras apaixonantes” e “nomes xigantes”, como este, o resultado é unha completa experiencia lectora… e viaxeira.

 

Álvaro Cunqueiro considerábase o último peregrino medieval. “A viaxe é para min unha experiencia poética”, afirmaba. Peregrinación e poesía. Estamos ante un texto breve pero cun caudal narrativo desbordante, onde cada parágrafo se recrea nun acontecemento, sexa real ou imaxinario, ou nunha combinación de ambos.

 

Chamámoslle “o libro esquecido”, porque así se mantivo durante todos estes anos. Desde que en 1965 se publicara por primeira e -ata agora- única vez.

 

Presentamos unha coidada edición comentada, dentro da nosa galardoada Colección Resccate. Inclúe un prólogo do escritor e fillo do autor, César Cunqueiro, e un estudo da especialista María Xesús Nogueira.

 

Viaxemos coa prosa singular de Cunqueiro por este antigo Camiño de Santiago co que tanto se identificaría o autor.

 

DOSIER DE PRENSA
(Xuño 2024)

 

 

 

 

 

 

Viaje a Lugo

18,00 
Páginas sobre la ciudad

 

Álvaro Cunqueiro

 

ISBN: 978–84–89323–65–0
Páxs: 200
Medidas: 13×23 cms
Idioma: castelán
Ilustracións: cuberta de Blas Lourés e fotografías do Fondo Vega.
Encadernación: capa dura
Data 1ª edición: febreiro 2011

 

Novo volume da Colección Rescate que reúne por vez primeira os escritos en prosa que o célebre autor dedicou á cidade das murallas. Entre os 24 textos recuperados figura un moi descoñecido: o discurso do Bimilenario, de 1975.

 

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo-Lugo, 1911 – Vigo, 1981) reencóntrase en VIAJE A LUGO. PÁGINAS SOBRE LA CIUDAD cunha paisaxe vital e emocional: a cidade das Murallas, na que viviu anos decisivos. Nela recrea a súa pluma e sentimento. Alvarellos Editora conmemora con este novo volume da Colección Rescate (o número 14) o centenario do nacemento do escritor.

 

A obra reúne 24 prosas onde o gran narrador se deixa seducir pola historia bimilenaria desta urbe, percorre os seus espazos máis amenos o evoca personaxes queridos como o trobador Esquío, o poeta Luís Pimentel ou o autor de relatos Ánxel Fole.

 

A súa pluma transita entre o xornalismo e a literatura, posuída quizás –e sublimada, tamén– polas propias brumas que, dende o río Miño, debuxan esta cidade como un territorio para a fantasía. Abre o volume —cuxo estudo e selección de contidos corre a cargo de María Xesús Nogueira, especialista no autor— un texto moi singular e tamén moi pouco difundido ata hoxe: o discurso de apertura do Bimilenario que Cunqueiro pronunciou o 25 de outubro de 1975, onde bautizou Lugo como “la Roma del Finisterre”.

 

A ilustración da cuberta pertence ao pintor lugués Xesús Blas Lourés. É o seu óleo titulado “A miña muralla”. Trátase, en definitiva, dunha viaxe dende –ou cara a— esta cidade do suroeste europeo, onde a prosa de Cunqueiro vólvese, unha vez máis, universal.

Viajes y yantares por Galicia

20,00 

Obra periodística olvidada en Vida Gallega, 1954-1963

 

Álvaro Cunqueiro

 

Formato: 198 pp. 13×21 cms
ISBN: 84-85311-20-5
1ª edición: abril, 2005
[Capa dura]

 

Un libro inédito de Álvaro Cunqueiro. Unha das plumas máis brillantes da literatura galega e española aínda ten material disperso que non vira a publicación en libro. É o caso dos 37 artigos que integran Viajes y yantares por Galicia que o célebre escritor lugués de Mondoñedo publicou, entre os anos 1954 e 1963, na revista Vida Gallega e que permanecían esquecidos.

 

Cunqueiro viaxa por Galicia e fai arte coa cociña, a paisaxe, as xentes e, en definitiva, a fonda personalidade deste país milenario. Trinta e sete capítulos nos que a gastronomía vai presidindo cada páxina, dende a aportación de senlleiras receitas a todo tipo de anécdotas e descricións dos usos e costumes culinarios galegos. Ademais, Viajes y yantares por Galicia é unha guía turística de lugares emblemáticos e de persoeiros históricos e lendarios. Nesta nova obra tamén agroma a crítica literaria, a pictórica e mesmo a interpretación das estrelas.

 

A presente edición inclúe a reprodución ben manuscrita ou ben mecanografiada dalgúns dos artigos tal e como os entregou Cunqueiro á revista; tamén un limiar do catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela (especialista no escritor), un traballo sobre a historia, o contexto e os promotores e algunhas das portadas en cor desta segunda época de Vida Gallega, unha das publicacións periódicas máis populares do seu tempo. Alvarellos Editora principia, con esta obra, a súa colección Rescate, dedicada a recuperar importantes textos da nosa cultura e da literatura universal que permanecen inéditos ou esquecidos.

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).