• 0 Items - 0,00 
    • No hay productos en el carrito.

23,90 

Conflictos y resistencias en la Edad Moderna (De los hechos a las palabras)

448 pp. 15,5 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-52-0

 

Ofelia Rey Castelao, coord.

 

Coordinado pola historiadora da Universidade de Santiago e Premio Nacional de Historia 2022, Ofelia Rey Castelao, doce especialistas abordan, neste volume colectivo, os conflitos sociais e as situacións de resistencia durante o período que coñecemos como Idade Moderna.

 

Este libro, que leva por título Conflictos y resistencias en la Edad Moderna. De los hechos a las palabras (Alvarellos Editora), coordinado pola historiadora da Universidade de Santiago, Ofelia Rey Castelao (Premio Nacional de Historia 2022), forma parte dun amplo proxecto de investigación no que se estudan os conflitos e as resistencias sociais neste período histórico que abrangue desde finais do século XV a comezos do XIX.

 

En doce capítulos abórdanse tres bloques temáticos: “conflictos en la sombra: mujeres, contrabando y falsedad”, cun enfoque de xénero; “crisis y conflicto en el ámbito urbano y portuario”, co espazo como determinante, e “religiosidad y clero: transgresión, conflicto y formas de control”, cunha mirada crítica aos comportamentos relixiosos. O fío condutor é a importancia outorgada ás palabras e expresións empregadas na documentación (xudicial e notarial na súa maior parte) na que quedaron reflectidas moi diferentes situacións de tensión ou de estalido social aberto.

 

Entre estas situacións, neste volume estúdase, por exemplo, a folga de cavadores de Betanzos de 1591, a terrible crise de 1768-1772 na cidade de Ferrol ou a portuaria de Vigo durante a invasión napoleónica, a principios do XIX, ademais doutras como a conflitividade relacionada coas festas e romarías, o ambiente crítico con respecto á riqueza e o poder dos relixiosos, ou a profanación de tumbas na Galicia rural.

 

Seis foron as persoas que coidaron a edición: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo, Vázquez Bello, Daniel Mena Acevedo, Álex Valledor Aróstegui, Antonio González López, Iago Castro Táboas, Mario Sixto Puente, Ofelia Rey Castelao.

 

AUTORÍA COLECTIVA

 

OFELIA REY CASTELAO, MANUEL REYES GARCÍA HURTADO, MIGUEL ÁNGEL MELÓN JIMÉNEZ, CELIA ENRÍQUEZ RUBAL, DANIEL MENA ACEVEDO, ALBERTO LAGO RODRÍGUEZ, ALEX VALLEDOR ARÓSTEGUI, ANTONIO GONZÁLEZ LÓPEZ, TOMÁS MANSO FRAGA, IAGO CASTRO TÁBOAS, ANXO RODRÍGUEZ LEMOS PABLO VÁZQUEZ BELLO, MARIO SIXTO.

 

 

 

Compartir