• 0 Items - 0,00 
    • No hay productos en el carrito.

19,90 

Historia do antigo concello de Conxo

Rafael García Ferreira (ed.)

Páxinas: 206. Formato 15,5 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-83-4
Impreso en Papel FSC Amigo dos Bosques.

Dez especialistas reconstrúen os noventa anos (entre 1835 e 1925) nos que o histórico barrio de Conxo, ao sur de Santiago de Compostela, foi municipio independente.

Historia do antigo concello de Conxo é o título desta nova obra colectiva, coordinada polo historiador Rafael García Ferreira e coeditada polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora que sae á venda en setembro de 2025, coincidindo cos cen anos da anexión de Conxo a Santiago de Compostela.

O histórico barrio de Conxo, ao sur da cidade, foi concello independente durante case un século, entre 1835 e 1925. Da súa estación de ferrocarril partiu a primeira liña de tren de Galicia e nel naceu a fundadora da literatura galega moderna, Rosalía de Castro. Conxo protagonizaría loitas imprescindibles para entender hoxe a mellora das condicións de vida da clase traballadora, dende o Banquete democrático de 1856 ata os movementos obreiros de 1898, pasando pola creación e mantemento da súa Sociedade Benéfica.

Ademais, o Conxo histórico das oito parroquias mantén un valiosísimo patrimonio, con tesouros únicos: a memoria milenaria do seu petróglifo e castro, o románico do seu antigo mosteiro, o barroco da actual igrexa parroquial, ou a fortaleza da Rocha, símbolo das loitas dos irmandiños contra os señores feudais.

De todo isto, e tamén da vida cotiá no concello, do seu asociacionismo, e do papel das mulleres, trata este valioso volume.

NOVOS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

Participan dez especialistas con novos traballos de investigación, historiadores e historiadoras que levan a cabo unha reconstrución honesta e documentada dos noventa anos nos que Conxo foi independente. O obxectivo, como afirma o seu coordinador, Rafael García Ferreira, é transmitir os feitos con fidelidade e lectura crítica do pasado. A obra inclúe a publicación de 50 fotografías e documentación histórica, unha parte dela moi descoñecida.

NP-GAL-Historia-Concello-Conxo-set-2025

Ler-primeiras-páxinas-Historia-antigo-concello-Conxo

AUTORÍA

Francisco Alonso Toucido
Conchi López Sánchez
Alfonso Iglesias Amorín
Noelia Valiño Vázquez
Ana Pérez Varela
Encarna Otero Cepeda
Miguel Cabo Villaverde
Daniel Lanero Táboas
Antonio Míguez Macho
Rafael García Ferreira (ed.)

Biografías-de-autores-e-autoras

Compartir

Autoría

Alvarellos Editora
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.