SANTIAGO A TRAVÉS DE MIS GAFAS
17,00 €Páxs: 180
Medidas: 13×23
Encadernación: capa branda con lapelas
Idioma: castelán
Ilustracións: caderniño de 8 páxinas con fotografías
Data de aparición: novembro 2009
ISBN: 978-84-89323-35-3
Unha pluma fluída e unha memoria puntual e rica, preñada de anécdotas e datos, converten esta crónica de Santiago Nogueira nunha obra coral, un retrato magnífico do seu tempo, e un valioso testemuño sobre os avatares do século XX en Compostela. Polas páxinas de SANTIAGO A TRAVÉS DE MIS GAFAS desfilan personaxes e acontecementos que moitos composteláns e galegos terán na memoria. O avogado Nogueira viaxa ata os tempos da república e a posterior traxedia da guerra civil; retrata máis adiante a vida universitaria nos anos 40 e 50, os seus anos de docente na Universidade, a súa afección polo fútbol ou pola música popular, ou a súa participación en política como director xeneral de Juventud no segundo goberno de Adolfo Suárez (primeiro da democracia), no ministerio de Pío Cabanillas. A paixón pola avogacía preside cada páxina desta obra. Nun dos seus capítulos, Santiago Nogueira describe algún dos casos máis singulares da súa traxectoria profesional, entre eles, o affaire Barreiro, sobre o procesamiento do que fora conselleiro de Presidencia José Luís Barreiro Rivas. A través das súas lentes, Nogueira Romero enfoca o pasado, o seu pasado presente. E faio dun xeito honesto, preciso e intelixente.