• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autoría

Mª Carmen Villar, O.P.

Este libro fai o número oito na prolífica carreira de Mª del Carmen Villar Prieto, monxa dominica de clausura natural de Ferrol, todos eles adicados a musicar a Liturxia. En 1981 xa publicara Nacidos de la luz, e entre outras das súas obras figuran Réquiem en galego (1993), Liturgia de la Orden de los Dominicos/as (en dous tomos, de 1991 e 1994), ambos publicados tamén por Alvarellos Editora, ou Señor de Nuestras Horas (1994). Sor Carmen Villar pertence á Sociedade de Autores dende os seus anos mozos e actualmente vive no Mosteiro de Valdeflores alternando a vida de oración, os quefaceres comunitarios e a súa dedicación á música. Así mesmo, en 2005 ultima a publicación dunha nova obra, que levará por título Un pobo que canta.

Libros do Autor

Non se atoparon produtos que concorden coa selección.
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).