Obra inédita e esquecida
20,00 €TEATRO, CONTOS, ENSAIOS E LENDAS, 1915-1972
Leandro Carré Alvarellos
Nº páxinas: 280
Medidas: 14×21
ISBN: 84–89323–04–6
Colección: “Rescate”
Encadernación: tapa dura
Introdución, escolma e notas: Xosé Manuel Maceira Fernández
Ilustracións: galería gráfica de 8 páxinas con fotos, ilustracións e manuscritos inéditos
Idioma: galego
Leandro Carré Alvarellos é un dos galeguistas máis esquecidos. Un home polígrafo, activista, cimentador da identidade de Galicia e autor dunha obra moi extensa e inédita, ata agora, na súa maior parte. Alvarellos Editora recompila nesta nova publicación –que leva por título Obra inédita e esquecida– o mellor da súa produción: unha selección de ensaios, contos, pezas teatrais e lendas que abarcan dende o ano 1915 ata 1972.
Aparece, por exemplo, e por primeira vez íntegro, o seu manual de interpretación teatral de 1922 ou varias das súas célebres lendas tradicionais galegas, na súa primeira versión en galego, nunca editadas en Galicia ata agora. Todo este valioso material, xunto con outros textos, complétase cun amplo apartado gráfico: unha fotobiografía inédita, manuscritos, ilustracións do autor para a súa editorial… que proban o indiscutíbel labor e a fonda influencia cultural e social de Leandro Carré Alvarellos na Galicia do primeiro terzo do século XX.
Esta coidada edición, que se achega ás 300 páxinas, conta así mesmo cun limiar e notas do profesor Xosé Manuel Maceira Fernández, cuxa tese de doutoramento centrouse precisamente en Carré Alvarellos.