• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Isha Bottin

Isha Bottin nace en Quebec en 1980. Moi nena, trala morte de seu pai, trasládase coa súa nai e irmá a Ruanda. Logo deciden ir vivir a Bélxica, onde terá un novo pai. (Esta experiencia vital inspirará a historia que aquí presentamos, que publica en Montreal en 2017). Estuda Dereito e Comunicación. Hoxe vive en Montreal. É tamén autora de Papa est parti (2010).

Libros do Autor

A miña familia 3+1=7

16,00 

Isha Bottin (texto) | Gaspard Talmasse (ilustración)

 

36 pp. 21,5 x 28 cms
ISBN: 978-84-16460-59-5
Capa dura. Papel offset.
Cosido con fío vexetal.

 

IDADE DE INTERESE: +6

NIVEL DE LECTURA: +6

 

Dende Quebec (Canadá) traemos este novo conto Verdemar: A miña familia 3+1=7, que trata dunha familia un chisco diferente ás típicas ou comúns. Escrito por Isha Bottin, poderosamente ilustrado por Gaspard Talmasse e traducido dende o francés ao galego por María Reimóndez, esta historia demostra que moitas veces as dificultades da vida poden atopar un camiño de luz e esperanza.

 

TEXTO CONTRACAPA
Inspirado nunha historia real, este libro recolle as pequenas dificultades e grandes ledicias dunha familia un chisco diferente ás demais. Nesta historia a felicidade lévase no corazón e a esperanza sempre atopa o seu camiño. E xa sabedes, ás veces, 3+1 é igual a 7.

 

ARGUMENTO
Deixemos que explique a historia a propia autora, Isha Bottin: “Este libro está baseado na miña infancia. A miña irmá máis nova e mais eu perdemos o noso pai cando eramos pequenas e a nosa mai, que atopaba moi difícil convivir cos recordos del, decidiu cambiar de país. Foi así que acabamos en Ruanda, en África.

 

Por momentos, pode parecer que todo se esnaquiza, que a felicidade desaparece, que o amor non volverá aparecer xa máis. Que tiveches a túa oportunidade mais que che pasou o sol pola porta. Mais iso non foi o que aconteceu. Ao contrario. Pódese soñar que todo é posible, mesmo cando unha pensa que o perdeu todo. Cómpre non ter medo do futuro. Crer nel. Facer pola vida… Esta é a historia de tres mulleres que xermolaron xuntas, coa nosa nova familia”.

 

CLAVES PARA A LECTURA

É a historia dunha familia reconstituída que cambia de país e mesmo de continente. Fillos de dous matrimonios que, xuntos, viven primeiro conflitos ou desencontros, pero que axiña buscan un camiño común. O relato mostra a ledicia de descubrírense, de xogar xuntos e de saber que a harmonía e o amor poden xurdir se somos xenerosos e estamos abertos aos demais.

 

Traducido por María Reimóndez.