Antonio López Ferreiro
Antonio López Ferreiro (Santiago, 1837-Vedra, 1910) foi cóengo da catedral compostelá, arqueólogo, novelista e, sobre todas as cousas, un inxente historiador. A súa produción abarca máis de cen monografías. Entre os seus traballos destaca a monumental Historia da Santa A. M. Igrexa de Santiago (once tomos: 1898-1911, o último, póstumo), Galicia no último terzo do século XV (1896), ou o tres novelas históricas escritas en galego: A tecedeira de Bonaval (1894), O castelo de Pambre (1895) e O niño de pombas (1905). Foi membro da Real Academia Galega desde a súa fundación, en 1906, e unha das súas últimas ocupacións sería a presidencia da Sección Arqueolóxica da soada Exposición Rexional Galega de 1909. En 1978 Galicia dedicoulle o seu Día das Letras Galegas, e en 2010 celebra o seu centenario.