MULLERES ENTRE REDES
27,50 €Cartoné. 112 pp. 24 x 24 cms.
ISBN 978-84-89323-95-7
A artista plástica Ana Cancela confeccionou esta obra na que reivindica o tradicional oficio das redeiras.
Ao longo de 112 páxinas, a autora leva a cabo un suxestivo percorrido visual polo mundo das redeiras empregando, para iso, diversas técnicas artísticas que mesturan fotografía, gravado dixitalizado, debuxo e colaxe. A carón da obra plástica, o libro recolle tamén unha serie de textos procedentes de varios autores e relacionados sempre coa dignidade da muller, da muller traballadora, e coa defensa do oficio das redeiras.
As imaxes recollidas na obra proceden de redeiras de Portonovo, no municipio de Sanxenxo.
O PARADOXO DUN OFICIO TRADICIONAL
Como sinala no seu Limiar o filósofo Marcelino Agís, «Mulleres entre redes amosa un oficio tradicional, o das redeiras, mergullado nun sorprendente paradoxo. Por unha banda, é unha actividade imprescindible para a pesca: sen redes non se pode saír faenar. Por outra, trátase dun traballo que nos fala da invisibilidade da muller que o realiza: está no peirao pero ninguén pode ver esas mans que reparan as redes coas súas puntadas. Se cadra por esta razón este libro é ao mesmo tempo un testemuño dun traballo ancestral e unha reivindicación da dignificación e visibilidade deste oficio».
DO INVISIBLE AO VISIBLE