• 0 Items - 0,00 
    • No hay productos en el carrito.

18,50 

A garza alucinada [Certame de relatos breves Manuel Murguía]

Varias/os  Autoras/es

 

 

222 pp . 12 x 19 cms.
ISBN 978-84-18567-78-0.
PAPEL FSC-Amigo dos Bosques

 

Nove orixinais relatos breves que foron premiados no Certame Manuel Murguía do Concello de Arteixo nas edicións correspondentes a 2022, 2023 e 2024.

 

NP_G_A-Garza-alucinada-abril-2025

 

 

Diferentes e sedutoras propostas narrativas, agrupadas baixo o título A garza alucinada, que transitan entre a realidade e a ficción.

 

Escriben: Ignacio Silva, Natalia Alonso Ramos, Francisco Rozados “Rochi”, Roberto Rodríguez González, Agustín Agra, Inma Núñez, Antía Yáñez, Óscar Reboiras e Clara do Roxo.

 

35 EDICIÓNS DUN CERTAME INSPIRADO NA GARZA…

Con xa trinta e catro edicións ás costas, o Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo publica por cuarta vez os últimos relatos premiados baixo a protección deste animal xa totémico que inspira, se non o Certame, ao menos as máis recentes edicións dos textos vencedores. A anterior entrega levou por título A garza en chamas.

 

Nesta ocasión somos cativados por unha pernilonga alucinada que, afectada pola intensidade e a profundidade das obras arribadas ao Certame, a modo de Quixote emplumado non sabe xa onde acaba a ficción e onde a realidade comeza.

 

Gocemos pois destas nove orixinais propostas narrativas e da súa polifonía de voces, xéneros e historias.

 

 

 

 

Compartir

OS RELATOS GAÑADORES

O rubor da dignidade
Ignacio Silva
1.° Premio 2022

En directo
Natalia Alonso Ramos
2.° Premio 2022

Somos Adán e nada somos
Francisco Rozados «Rochi»
3.° Premio 2022

Sinfonía a 3 voces sobre unha cidade a tumba aberta
Roberto Rodríguez González
1.° Premio 2023

Levidade
Agustín Agra
2.° Premio 2023

Endodoncias
Inma Núñez
3.° Premio 2023

As regras
Antía Yáñez
1.° Premio 2024

Eivas
Óscar Reboiras Loureiro
2.° Premio 2024

As guerras pequenas
Clara do Roxo
3.° Premio 2024

 

NP_G_A-Garza-alucinada-abril-2025

Alvarellos Editora
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.