SoñoS
16,00 €Pere Tobaruela, con ilustracións de Víctor Boullón
ISBN 978-84-18567-02-5 Pp: 28.
Formato: 22,5 x 21,5 cm
Cartonado.
Impreso en Papel Amigo dos Bosques. Cosido a fío.
Pere Tobaruela e Víctor Boullón preséntannos unha proposta nova para xogar coas palabras e voar coas imaxes: un álbum ilustrado composto todo el de palíndromos, esas palabras que igual se len ao dereito que ao revés.
TEXTO CONTRACAPA
Xoga coas palabras.
Voa coas imaxes.
Descobre o mundo
dos palíndromos…
CLAVES PARA A LECTURA
Sabes o que son os palíndromos? «Palíndromo» vén do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Son, pois, esas palabras que se poden ler igualmente de esquerda a dereita ou ao revés.
Este incrible conto está feito todo el de palíndromos. Pero non só os textos. As imaxes tamén convidan a buscar ese mundo de simetrías, ese xogo de espellos…
Así nolo contan os seus autores:
«»Palíndromo», do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Ou dito doutra maneira: xogar coas palabras. Pois a Víctor e a Pere non só nos gusta xogar coas palabras; tamén xogamos coas imaxes. Pasámolo ben así e agardamos que as lectoras e lectores que vos mergulledes neste conto de SoñoS tamén o pasedes de marabilla. Levamos uns anos facendo proxectos xuntos, pero nunca fixemos un libro coma este, no que deixamos voar a nosa imaxinación ata límites insospeitados. Máis nada, xoguemos, soñemos!».
Idade de interese: +3
Nivel de lectura: +5