CINZA DE ESTRELAS
9,00 €2º Premio en el XL Certamen de Poesía del Concello de Vilalba (Lugo)
Formato: 14 x 21 cms | 60 pp
ISBN: 978-84-89323-31-5
A escrita como refuxio. A poesía tórnase en vieiro para alcanzar o coñecemento das cousas. O verso revélase nas páxinas desta obra coma un xeito de deter o fuxidío da existencia. As palabras como contención. «Unhas palabras que paguen a pena ser escritas / que atrapen a memoria», di a autora no poema «Adiviñanza».
Esta obra contén numerosas referencias a poetas clásicos e contemporáneos, que enriquecen a proposta creativa de María Isabel Vázquez, dende Cunqueiro, Valente, Luz Pozo Garza ou Novoneyra, ata Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán Vello ou Luís Rei Núñez.
Esta obra logrou en 2014 o segundo premio na edición número 40 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba.