• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autoría

Xosé María Álvarez Cáccamo

"Xosé María Álvarez Cáccamo, Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) é autor dunha extensa e significativa obra poética, mais tamén de narrativa, literatura infantil e xuvenil ou ensaio. Dentro da súa traxectoria narrativa cómpre destacar o seu proxecto memorialístico, que iniciou en 2006 con Memoria de poeta, continuou en 2008 con Tempo do pai e pon agora o ramo con esta Árbore arriba. Memoria das orixes. Practica tamén o exercicio da poesía visual e o poema obxecto, que mostrou en diversas exposicións, algunhas delas en coautoría con Baldo Ramos, e tamén en volumes como Criptografías (Alvarellos Editora, 2022). Cáccamo recibiu o Premio da Crítica de España en 1986 por Os documentos da sombra, foi Premio Esquío de poesía en 1986 por Luminoso lugar de abatimento, Premio da Crítica de Galicia en 1998 por A escrita das aves de marzo, Premio Miguel González Garcés en 1999 por Vocabulario das orixes, Premio «O Escritor na súa Terra» da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) en 2015 e Premio da Cultura Galega en 2018."

Libros do Autor

Árbore arriba. Memoria das orixes

17,00 

X. M. Álvarez Cáccamo

144 pp. 13 x 23 cms
ISBN 978-84-18567-89-6
PAPEL FSC. Amigo dos bosques

Árbore Arriba. Memoria das orixes é o título da nova obra do poeta, narrador e ensaísta Xosé María Álvarez Cáccamo, Pepe Cáccamo, que Alvarellos Editora publica a comezos deste 2026 na Colección Oeste.

Esta obra completa e talvez culmina un proxecto moi persoal do autor: a narración da súa memoria familiar, un dos eixes da súa creación literaria.

«Gabeo árbore arriba na procura das miñas raíces familiares –afirma o poeta–. Os alicerces de calquera xenealoxía humana dispóñense na altura, non asentan na terra. Son raíces aéreas».

Polo tronco principal da súa estirpe ascende o autor ata as pólas dos seus oito bisavós e bisavoas e, de xeración en xeración, vai tecendo o relato das singulares peripecias vitais dos devanceiros apelidados Cáccamo, Ambrosino, Frieben, Zimmmermann, Blázquez, Ballester, Álvarez e Limeses, a carón das fotografías que os identifican.

 

 

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).