• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autoría

Víctor Boullón

Víctor Boullón naceu en Compostela en 1979. Estudou na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Ten feito traballos de deseño, carteis, portadas de libros e ilustracións para publicidade. É autor de Aleida, cidade sen alma.

Libros do Autor

SoñoS

16,00 

Pere Tobaruela, con ilustracións de Víctor Boullón

 

ISBN 978-84-18567-02-5 Pp: 28.
Formato: 22,5 x 21,5 cm
Cartonado.
Impreso en Papel Amigo dos Bosques. Cosido a fío.

 

Pere Tobaruela e Víctor Boullón preséntannos unha proposta nova para xogar coas palabras e voar coas imaxes: un álbum ilustrado composto todo el de palíndromos, esas palabras que igual se len ao dereito que ao revés.

 

TEXTO CONTRACAPA

Xoga coas palabras.
Voa coas imaxes.
Descobre o mundo
dos palíndromos…

 

CLAVES PARA A LECTURA

Sabes o que son os palíndromos? “Palíndromo” vén do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Son, pois, esas palabras que se poden ler igualmente de esquerda a dereita ou ao revés.
Este incrible conto está feito todo el de palíndromos. Pero non só os textos. As imaxes tamén convidan a buscar ese mundo de simetrías, ese xogo de espellos…

 

Así nolo contan os seus autores:

«”Palíndromo”, do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Ou dito doutra maneira: xogar coas palabras. Pois a Víctor e a Pere non só nos gusta xogar coas palabras; tamén xogamos coas imaxes. Pasámolo ben así e agardamos que as lectoras e lectores que vos mergulledes neste conto de SoñoS tamén o pasedes de marabilla. Levamos uns anos facendo proxectos xuntos, pero nunca fixemos un libro coma este, no que deixamos voar a nosa imaxinación ata límites insospeitados. Máis nada, xoguemos, soñemos!».

 

Idade de interese: +3

Nivel de lectura: +5

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).