• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autoría

Varias/os autoras/es

Libros do Autor

O xénero detrás da cámara. Identidades e narrativas na fotografía galega contemporánea.

22,00 

Jennifer Novoa Domínguez
Miguel Anxo Rodríguez González
(eds.)

186 pp . 15’5 x 23’0 cms.
ISBN 978-84-18567-87-2
PAPEL FSC-Amigo dos Bosques.

NP_GAL_O_Xénero_detrás_da_cámara_nov_2025

A fotografía, como medio, sempre se prestou ao cuestionamento dos límites entre o público e o privado, ás exploracións que, desde o íntimo, acadan unha dimensión pública e política. Este novo libro, O xénero detrás da cámara. Identidades e narrativas na fotografía galega contemporánea (Alvarellos Editora) é unha obra colectiva impulsada polo grupo de investigación IDEAHS da Universidade de Santiago e coordinada por Jennifer Novoa e Miguel Anxo Rodríguez, historiadores da arte. Nela preténdese ampliar os relatos sobre fotografía en Galicia asumindo unhas coordenadas hoxe moi presentes na análise da arte e a cultura visual.

Presentamos unha historia plural e inclusiva da fotografía en Galicia a partir de textos que valoran as voces múltiples e que reivindican a importancia do xénero como categoría de análise.

Esta investigación colectiva reúne as voces de oito fotógrafas e investigadoras que asumen o cuestionamento e a necesidade de ampliación do canon existente.

A DERRADEIRA ENTREVISTA A ANNA TURBAU

Así mesmo, a presente publicación quere render homenaxe póstuma á fotoxornalista catalá Anna Turbau, cuxa derradeira entrevista aparece aquí recollida.

ESCRIBEN NESTA OBRA

Jennifer Novoa Domínguez
María Gil Martínez
Olaia Sendón Ogando
Violeta Janeiro Alfageme
Miguel Anxo Rodríguez González
Andrea Costas Lago
Xosé M. Buxán Bran
Sabela Eiriz

Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas

23,50 

Patricia Cupeiro
Miriam E. Cortés
(eds.)

240 pp . 15’5 x 23’0 cms.
ISBN 978-84-18567-73-5
PAPEL FSC Amigo dos Bosques

NP_GAL_Pegadas_no_muro_dec_2025

Analizar a relevancia das manifestacións artísticas coñecidas como arte urbana e muralismo contemporáneo é o obxectivo deste volume colectivo titulado Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas (Alvarellos Editora). Unha análise desde o ámbito académico, mais tamén desde o profesional e do artístico. Non hai precedentes en Galicia dunha publicación similar, que aborde dun xeito integral o fenómeno dos graffitis, da arte urbana e do muralismo público, nun contexto que abarca desde o internacional ao local.

O proxecto naceu en Lugo en 2024, ao abeiro dun curso celebrado na Facultade de Humanidades. Coordinado polas dúas investigadoras da USC que tamén coidan da presente edición, Patricia Cupeiro e Miriam E. Cortés. Colaboran neste volume catorce especialistas de diferentes disciplinas.

O carácter de potente motor de cambio social destes fenómenos culturais (como ferramenta de identidade e cohesión comunitaria), a visibilidade das mulleres ou a conquista de espazos rurais son algúns dos temas tratados. Tamén, a recente institucionalización do fenómeno –que fai emerxer dúbidas sobre a súa autenticidade cultural– ou as tensións entre legalidade e lexitimidade.

Desde Lugo, cidade que estes anos acadou relevancia internacional grazas a algún dos seus espectaculares murais, viaxamos tamén por outras experiencias, en Galicia –Ferrol/Canido, Lugo, Burela, Fene, Ordes , Carballo, As Pontes, Vigo ou Compostela…– e fóra dela –Lisboa, México e Santiago de Chile–.

Así mesmo, ata oito artistas aportan as súas creacións: desde os anónimos Primobanksy ou Ferrol Mola ata Diego AS, Bublegum, Edu Hermida, Emi de las Heras, Pía Piadosa e Yoe33.

ESCRIBEN NESTA OBRA

Laura Luque Rodrigo
Lorena Arévalo Iglesias
Miguel Anxo Rodríguez González
Adris Díaz Fernández
Beatriz Fernández Herrero
Luzia Oca González
Aurelia Balseiro García
Alba Díaz-Geada
Begoña Fernández Rodríguez
Patricia Cupeiro López
Andrea Barreira Freije
Clara Rodríguez Cordeiro
Ascensión Moreno González
Antonio Alcántara Alcántarae

 

EMPEZAR A LER: Mostra-Pegadas-no-muro

 

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).