Poden pensar as máquinas?
17,00 €Senén Barro
142 pp. 13 x 23 cms
ISBN 978-84-18567-90-2
PAPEL FSC. Amigo dos Bosques
A intelixencia artificial (IA) dedícase a percorrer o camiño que vai das máquinas carentes de entendemento ás que razoablemente podemos considerar intelixentes. Aínda que ten xa décadas de historia, cunha vida de altibaixos, se a comparamos con outros campos do saber é unha disciplina científico-tecnolóxica recente.
O físico Senén Barro é todo un experto en intelixencia artificial. Este 2026 Alvarellos Editora publica o seu ensaio Poden pensar as máquinas? onde, dun xeito divulgativo e ameno, nos introduce neste novo mundo que se abre ante nós.
O impacto que a IA está a exercer nas nosas vidas é de tal calibre que non paramos de nos asombrar e de formulármonos moitas preguntas. Isto é normal e, ademais, é bo que así sexa. Ao cabo, aínda que as máquinas nos dean cada día máis e mellores respostas, as preguntas –sobre todo as máis transcendentes– seguen a ser nosas.
Por iso este libro comeza cunha pregunta: Poden pensar as máquinas?, e discorre facéndose moitas outras: Que é a Intelixencia Artificial e como xurdiu? Son parecidos un cerebro e unha computadora? Alcanzarán as máquinas a superintelixencia?
Agardamos que atopen aquí algunhas respostas, mais sobre todo que estas páxinas lles susciten moitas máis preguntas…