As pequenas virtudes
14,90 €Natalia Ginzburg
81 pp. 12 x 19 cms
ISBN 978-84-18567-94-0
Papel FSC. Amigo dos Bosques
As pequenas virtudes reúne dous breves ensaios dunha das mellores escritoras europeas de posguerra, a italiana Natalia Ginzburg (Palermo, 1916-Roma, 1991). Dous textros que consideramos imprescindibles, por orixinais e honestos, sobre a educación e as relacións humanas.
Situados a medio camiño entre o ensaio e a autobiografía, seleccionamos dúas creacións, das once en total que integraron orixinalmente o volume Le piccole virtù (Turín, 1962): a que dá título a este libro, «As pequenas virtudes», escrito en Londres na primavera de 1960, e, previamente, o titulado «As relacións humanas», escrita en Roma en 1953.
Contamos, para o noso proxecto, cunha tradutora de excepción, a Premio Nacional de Tradución María Alonso Seisdedos, quen xa trouxera ao galego a inesquecible Léxico familiar (Laiovento, 2022), o grande éxito de vendas de Ginzburg, que vería a luz precisamente moi pouco despois destas «pequenas virtudes».
Con estes dous relatos Natalia « fala» por segunda vez na nosa lingua. Oxalá veñan máis traducións.
«As relacións humanas» e «As pequenas virtudes» tiveron o poder de cambiar o noso xeito de mirar. Desexamos que, cada un e cada unha de vós, lectoras e lectores, sintades esa mesma emoción transformadora, a das palabras escritas con honestidade e liberdade.