• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autoría

Ana López Quintela

"ANA LÓPEZ QUINTELA naceu en Santiago de Compostela en 1997. Gradouse en Educación Infantil pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente (2025) realiza o Máster de Mulleres, Xénero e Cidadanía en Barcelona. Na busca de Antón foi en 2021 a súa primeira obra editada á que seguiu en 2025, Que haberá na barriga de mamá?. As dúas, no selo infantil Verdemar de Alvarellos Editora. "

ANA LÓPEZ QUINTELA naceu en Santiago de Compostela en 1997. Gradouse en Educación Infantil pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente (2025) realiza o Máster de Mulleres, Xénero e Cidadanía en Barcelona. Na busca de Antón foi en 2021 a súa primeira obra editada, á que seguiu, en 2025 Que haberá na barriga de mamá?. As dúas, no selo infantil Verdemar de Alvarellos Editora.

Libros do Autor

Na busca de Antón

16,00 

Ana López Quintela

ISBN 978-84-18567-00-1
Pp: 32. Formato: 22,5 x 21,5 cm
Cartonado. Cosido a fío vexetal.
Impreso en papel FSC Amigo dos Bosques.

O primeiro álbum escrito e ilustrado pola mestra en Educación Infantil Ana López Quintela (Santiago, 1997) aposta polas novas masculinidades e reflexiona, a través da historia de Antón, sobre os “roles” de xénero.

TEXTO CONTRACAPA

Antón aínda non ten un ano,
por iso pouco fala,
así que descoñecemos
se lle gustarán os trens ou as fadas.

CLAVES PARA A LECTURA
Por que, se é neno, hai que asignarlle a cor azul; e, se é nena, a cor rosa?
Por que, se é neno, tenlle que gustar o fútbol; e, se é nena, a danza?
Velaquí un conto que se formula todas estas preguntas e que aposta pola transformación das “vellas” masculinidades e dos estereotipos de xénero.

Así o resume a súa autora, Ana López Quintela:

«A literatura infantil é unha das armas máis bonitas e delicadas que temos para a transmisión de valores na primeira infancia. Cando naceu o meu afillado, quixen facerlle un agasallo: este conto. Xorde pola miña preocupación ante a desigualdade que aínda estamos a vivir hoxe, malia os avances: as crianzas, dende moi pequenas, xa se ven influenciadas polos ‘roles’ de xénero, por uns esquemas que temos fixados as persoas adultas sobre o que se considera axeitado ou non axeitado, e que transmitimos dun xeito inconsciente. Este álbum ilustrado contén, pois, unha mensaxe: cada persoa ten a liberdade de elixir que a define, independenteme de como se identifique».

 

Idade de interese: + 3
Nivel de lectura: +5

Que haberá na barriga de mamá?

16,00 

Ana López Quintela

 

32 pp. 22,5 x 21,5 cm
ISBN: 978-84-18567-69-8
Capa dura. Cosido con fío vexetal
Impreso en papel ecolóxico.

 

Segundo álbum ilustrado creado por Ana López Quintela, educadora infantil, despois de Na busca de Antón. Nesta historia coñeceremos unha familia. A protagonista, June, ten dúas mamás, e terá que descubrir que nace dentro da barriga da súa nai máis cantareira…

 

Idade de interese: + 3
Nivel de lectura: +5

 

Ficha-GAL-BARRIGA-MAMA_2025

 

TEXTO CONTRACAPA

Eu teño dúas mamás, ben distintas por dentro e por fóra.
Hoxe veño contarvos unha historia moi divertida, sobre o que tiña miña nai dentro da súa barriga.

 

ARGUMENTO

June, a protagonista deste marabilloso conto, ten dúas mamás. Ben diferentes entre elas. Un día foron ao hospital e agora algo está a medrar no ventre da nai máis cantareira, pero June non sabe o que é. Escoita ás mamás falar da semente que está a medrar dentro, e ela entón pensa se será un arando… unha cereixa… unha ameixa… un limón… un aguacate… ou unha manga. Ata que un día descobre que é o seu irmán Teo a quen gardaba a súa mamá na barriga, e con quen axiña poderá xogar.

 

CLAVES PARA A LECTURA

  • As familias son diversas. Son núcleos de afecto profundo e non teñen por que seguir modelos predeterminados. Nesta familia, dúas son as mamás da protagonista. Unha historia verdadeira que nace con June, a propia sobriña de autora.
  • Un conto que nos mostra o desbordante que pode chegar a ser a imaxinación na infancia.
  • Contaxia a alegría na descuberta da vida.
  • O álbum, escrito en verso, seduce tamén pola sinxeleza e inspiración das súas orixinais ilustracións.

 

 

 

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).