américa

Cartel histórico de 1931: Coral de Ruada (facsimilar)

3,50 

Camilo Díaz Baliño

 

Formato: 32×45 cms
Cartolina estucada semi-mate de 300 gr.

 

O autor é todo un pioneiro do deseño galego, Camilo Díaz Baliño, nacido en Ferrol en 1889, director artístico do Concello de Santiago de Compostela nos anos 30 do século pasado, e asasinado polo franquismo en 1936.

 

Como escenógrafo da Coral de Ruada, viaxa por América durante cinco meses do ano 1931. E este é o cartel que ideou para aquela xira. Este grupo polifónico foi fundado en Ourense en 1918 e hoxe, más de cen anos despois, segue moi activo.

 

Díaz Baliño foi irmán da pintora e profesora Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) e pai do refundador de Sargadelos e editor, Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920-2012).

 

A presente edición facsimilar foi realizada en Max Dixital en Santiago de Compostela a partir do arquivo orixinal de Xosé Ramón Fandiño, biógrafo de Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo.

Galicia-América

23,90 

Cantos de emigración e exilio (1875-1951)

Varios/as autores/as
Edición a cargo de Montserrat Capelán e Carlos Villanueva

 

ISBN 978-84-18567-26-1
Formato: 15,5 x 23 cms. Pp: 418
Papel Certificado FSC

 

NP_G_Galicia_America

 

O presente volume reúne os traballos de catorce especialistas que, en 2017, se reuniron en Santiago de Compostela para reflexionar e debater sobre un tema estrela do Grupo Organistrum: «O espello de Galicia en América: ideoloxía, emigración e exilio (1875-1951)», datas que enmarcan dende o gran movemento migratorio galego a América Latina ata a aparición da Xeración do 51, límite que reflicte as consecuencias da represión franquista.

O grupo de investigación Organistrum está dedicado aos estudos históricos sobre música en Galicia, polo que nesta obra se tratan a fondo aspectos como a capacidade da música de expresar a identidade colectiva, ou como é quen de chegar a todas as clases sociais.

Tamén se dá conta nestas páxinas da enorme importancia dos centros galegos como núcleos de socialización e fomento de actividades, non só musicais senón tamén teatrais, danza, etc.

Finalmente, recóllense traballos centrados nas figuras clave de Perfecto Feijóo,Carlos López García-Picos, Carlos Chávez ou Jesús Bal y Gay.

 

AUTORES/AS

Xosé Núñez Seixas
Justo Beramendi
Carmen Becerra
Juan Francisco Sans
Mariantonia Palacios
Victoria Eli Rodríguez
Julio Ogas
Inmaculada Matía Polo
Javier Garbayo
José Antonio Cantal Mariño
María Fouz
Javier Ares
Consuelo Carredano
Carlos Villanueva