11/09/2009, El Correo Gallego, “Viaje fotográfico a 1909”
13/09/2009, El Correo Gallego, “Santiago 1909, o ano da modernidade”
13,50 €
ISBN 978-84-89323-34-6
Medidas: 20,5×19,5 cm
Páxinas: 142
Encadernación: rústica
Papel: Estucado semi de 170 gr. cun verniz especial
Material gráfico: 60 fotografías (b/n) e 10 ilustracións (cor).
Idioma: Galego
A Expo de 1909 marcou época. Era tamén o primeiro Ano Santo do século e polo recinto (instalado ao suroeste da Alameda e no colexio San Clemente) pasaron en cinco meses máis de 53.000 persoas, o dobre da poboación de Santiago naquel intre.
Cen anos despois, aquela peculiar simbiose de arte e industria ben merece un rescate. O autor –o editor e xornalista Henrique Alvarellos Casas– viaxa á Galicia daqueles días para reconstruír a crónica da Exposición Rexional e recuperar do esquecemento preto de setenta fotografías e ilustracións únicas.
Este volume, que conta cun limiar da historiadora da Universidade de Santiago Margarita Barral Martínez, é o primeiro monográfico que se publica sobre a Exposición Rexional de 1909. A colección de imaxes e ilustracións aquí reunidas –máis de setenta– constitúe a máis completa editada ata hoxe.
O traballo de documentación centrouse en diversas fontes arquivísticas e xornalísticas. O autor accedeu aos fondos de centros ou institucións onde posuían imaxes ou datos daquel evento: Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, Museo do Pobo Galego, Real Academia Galega, Arquivo Histórico maila Hemeroteca da Universidade de Santiago ou Palacio Real de Madrid. Para elaborar a crónica, foron consultados diarios e revistas da época dos anos 1909 e 1910: os diarios locais El Eco de Santiago ou Diario de Galicia, o xornal de Madrid El Imparcial ou o catalán La Vanguardia, ademais de revistas gráficas do momento como a viguesa Vida Gallega ou a madrileña Nuevo Mundo.
O resultado é un volume cunha edición moi coidada, encadernado en capa dura e impreso nun papel especial de alta gramaxe, dotado dun verniz que potencia a intensidade e o contraste das imaxes centenarias.
Esgotado
36 pp. 21,5 x 28 cms
ISBN: 978-84-16460-79-3
As árbores teñen voz. E mans, mans con dedos. E senten. Vaia se senten! Dígovolo eu, que o sei ben.
Seino dende sempre. Cando mamá e papá me levaron ao bosque a abrazar a miña primeira árbore.
Abre este conto e entrarás nun bosque fascinante.
ARGUMENTO
Cando cumpriu tres anos, Lucía recibiu un agasallo moi especial de mamá e papá: unha árbore. Un precioso freixo que medra no pequeno bosque preto da casa. Visítao todas as semanas: obsérvao, úleo, fálalle e, sobre todo, abrázao. Álex, o mellor amigo de Lucía, é cego, mais xuntos descobren igualmente un mundo fascinante cheo de sensacións. Un día o freixo ponse maliño, pero a natureza sempre segue o seu camiño…
CLAVES PARA A LECTURA
Descubrir un bosque, pero tamén un parque ou un xardín, a través das súas árbores, é unha das actividades máis enriquecedoras para calquera idade.
Este álbum ilustrado convida a entrar nesta atmosfera natural e ir coñecendo e valorando a natureza única que temos tan preto das nosas casas e que pasa moitas veces diante de nós sen darnos de conta.
Abrazar unha árbore forma parte dunha práctica que xurdiu, como terapia, no Xapón nos anos oitenta: o shirin-yoku («baño de bosque»). Estendeuse por todo o mundo. Trátase de relaxar escoitando o bosque, tocando, ulindo, en calma… Álex, o amigo de Lucía, non pode ver, pero o bosque fascínaos por igual aos dous.
As ilustracións lévannos a penetrar neste universo natural e sensorial. Feitas con acuarelas e sutís trazos a lapis. Inspirados nelas, podemos facer nós tamén o debuxo da nosa árbore favorita, das súas follas e do lugar onde se atopa.
Pp.: 204. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-87-8
Pasear con García Lorca pola súa amada Compostela. Escoitalo recitar, cantar ou tocar o piano, observar como debuxa, como escribe, con quen fala, que lugares visita… Esta é a crónica do poeta andaluz que nos presenta Henrique Alvarellos, a dun escritor que se definiu como “poeta galego”. Federico García Lorca viviu nesta cidade momentos inesquecibles. Un volume ilustrado con máis de setenta documentos e fotografías, ademais de numerosas anécdotas e testemuños, moitos deles moi descoñecidos. Inclúe o trazado da primeira ruta lorquiana pola cidade de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Xa aos 18 anos, en 1916, cando descubrira a cidade durante unha viaxe de estudos por Galicia, escribiría «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas en 1932, ben como conferenciante, sempre como famosísimo poeta e tamén como director de La Barraca. En Santiago é recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.
Este libro, Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), escrito por Henrique Alvarellos, é a crónica detida e minuciosamente documentada desta relación do poeta coa cidade.
En Santiago, García Lorca dá a coñecer algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. Compostela é, finalmente, o fogar editorial dos Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino tributará á nosa lingua e cultura.
UNHA RUTA CON 14 LUGARES IMPRESCINDIBLES
O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade e relata polo miúdo estes días únicos (con quen está, que fala, que visita…). Tamén recolle as súas impresións cando regresa a Madrid ou na súa viaxe a Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. O volume aporta numerosos datos e tamén máis de setenta ilustracións e documentos, algúns deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste Lorca en Compostela. Como colofón, nesta obra trázase a primeira Ruta lorquiana por Compostela, onde se identifican e documentan 14 lugares imprescindibles.
Pp: 204. Formato 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-16460-91-5
Pasear con García Lorca pola súa amada Compostela. Escoitalo recitar, cantar ou tocar o piano, observar como debuxa, como escribe, con quen fala, que lugares visita… Esta é a crónica do poeta andaluz que nos presenta Henrique Alvarellos, a dun escritor que se definiu como “poeta galego”. Federico García Lorca viviu nesta cidade momentos inesquecibles.
Un volume ilustrado con máis de setenta documentos e fotografías, ademais de numerosas anécdotas e testemuños, moitos deles moi descoñecidos. Inclúe o trazado da primeira
ruta lorquiana pola cidade de Santiago de Compostela.
FASCINADO POR COMPOSTELA
Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Xa aos 18 anos, en 1916, cando descubrira a cidade durante unha viaxe de estudos por Galicia, escribiría «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas en 1932, ben como conferenciante, sempre como famosísimo poeta e tamén como director de La Barraca. En Santiago é recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.
Este libro é a crónica detida e minuciosamente documentada desta relación do poeta coa cidade.
En Santiago, García Lorca dá a coñecer algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. Compostela é, finalmente, o fogar editorial dos Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino tributará á nosa lingua e cultura.
UNHA RUTA CON 14 LUGARES IMPRESCINDIBLES
O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade e relata polo miúdo estes días únicos (con quen está, que fala, que visita…). Tamén recolle as súas impresións cando regresa a Madrid ou na súa viaxe a Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. O volume aporta numerosos datos e tamén máis de setenta ilustracións e documentos, algúns deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste Lorca en Compostela. Como colofón, nesta obra trázase a primeira Ruta lorquiana por Compostela, onde se identifican e documentan 14 lugares imprescindibles.
Páxinas: 148
Medidas: 20x 19
Idioma: galego
Primeira edición: maio 2007
ISBN: 978–84–89323–14–8
Ilustracións: Galería gráfica con fotos, documentos e recortes de prensa dende 1977 a 2007.
Limiar: “Notas para unha historia do libro en Galicia”, por Henrique Alvarellos Casas.
Volume conmemorativo dos trinta anos de existencia dunha das editoriais máis veteranas do país: Alvarellos Editora. Empresa familiar e independente creada en Lugo por Enrique Alvarellos Iglesias (1931-2004) en maio de 1977. Trinta e tres autores –escritores, xornalistas, editores, libreiros, profesores, promotores culturais, etc– reflexionan nesta obra sobre o libro galego e o mundo da edición en Galicia dende a Transición ata hoxe, e homenaxean, a un tempo, a figura irrepetible do fundador de Alvarellos Editora. O libro conta así mesmo co estudo introdutorio “Notas para unha historia do libro en Galicia, 1966-2007”, onde o actual editor da empresa, Henrique Alvarellos Casas, leva a cabo un percorrido cronolóxico sobre os feitos máis sobranceiros deste proxecto editorial. Finalmente, unha galería gráfica mostra, en fotografías, recortes de prensa e documentación varia, a xestación desta empresa e os seus trinta primeiros anos de vida. OS AUTORES Participan nesta publicación (por orde alfabética): Adolfo de Abel Vilela, historiador Xavier Alcalá, escritor Xesús Alonso Montero, catedrático emérito de Literatura Galega, ensaísta e polígrafo José Alonso Sánchez, xornalista de El Progreso Henrique Alvarellos Casas, editor e xornalista Luís Álvarez Pousa, xornalista e profesor de Xornalismo na USC Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega da Lingua Manuel Bragado, editor de Edicións Xerais de Galicia Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia Tucho Calvo, director de Biblos Clube de Lectores e redactor xefe de La Voz de Galicia Toño Castro, maxistrado Xaime Corral, presidente da Federación de Libreiros de Galicia Jesús Couceiro, libreiro Isaac Díaz Pardo, editor, artista e refundador de Sargadelos Afonso Eiré, director do semanario A Nosa Terra Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior e poeta Francisco Fernández del Riego, co-fundador da Editorial Galaxia Xesús Fraga, escritor e xornalista de La Voz de Galicia Xosé María G. Palmeiro, xornalista Alfonso G. Sanmartín, presidente da Asociación Galega de Editores Bieito Ledo, editor de Ir Indo Antón Mascato, director adxunto de Nova Galicia Edicións José López Orozco, alcalde de Lugo Xesús Mato, crego rural Luís Pérez, xornalista e redactor xefe de El Correo Gallego Xosé Antón Perozo, escritor e xornalista Olivia Rodríguez, profesora de Teoría da Literatura da Universidade da Coruña Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela Xavier Senín, xornalista e subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia entre 1987 e 2006 Anxo Tarrío, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC Marcos Valcárcel, catedrático de Lingua e Literatura Galegas e historiador Armando Vázquez Crespo, escritor e xornalista Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega » Intervención do editor Henrique Alvarellos Casas no acto do 30 aniversario da editorial (Lugo, 13 de novembro de 2007)
Unha ruta histórica ilustrada con 75 reveladoras fotografías
116 pp. 12 x 22 cms.
ISBN 978-84-16460-55-7
A guía que é toda unha descuberta. Convídanos a percorrer unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis dereito entre Compostela e Muxía, empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes e que ten coma un dos emblemas a ponte medieval de Brandomil (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía).
Unha ruta de 86 quilómetros e que aquí se nos presenta con todos os seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con setenta e cinco reveladoras fotografías.
Unha guía práctica que nos convida a percorrer con acougo natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro”.
[Ver edición en castelán, aquí]
Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano
2 volumes formato 23 x 15′ cms.
1.468 páxinas
ISBN 978-84-16460-04-5
A NOVA ACHEGA DO GRUPO IACOBUS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
Dous volumes con un total de 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións a cor integran este novo traballo promovido polo Grupo Iacobus de investigación da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, unha obra publicada pola USC en coedición con Alvarellos Editora.
O grupo de investigación Iacobus da Universidade de Santiago presenta unha das súas novas publicacións. Leva por título Universos en orden. Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano. Coeditada pola USC e Alvarellos Editora, reúne as máis recentes aportacións de 54 historiadores da Arte.
En total, dous volumes con 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións, nunha obra dixirida polo catedrático de Historia da Arte da USC, José Manuel García Iglesias, e coordinada polas doutoras Carla Fernández Martínez e Rosa María Cacheda Barreiro.
DESDE GALICIA A AMÉRICA
Os artigos recollidos en Universos en orden abranguen un amplo campo de investigación e traballo, que se estende, dende Galicia, por toda Iberoamérica.
Son varios os relacionados con monumentos galegos, que abordan aspectos singulares do mosteiro de San Paio de Antealtares, a escaleira do Colexio dos Irlandeses, a iconografía da Igrexa de Conxo, todos eles en Compostela, ou a historia do Franciscanismo nesta cidade.
Outros céntranse na catedral de Tui, na igrexa da Compañía de Monforte de Lemos, no mosteiro de Santa María de Oia, na ex igrexa de San Francisco de Lugo ou nas ruínas de Santo Domingo en Pontevedra.
Do exterior proceden estudos sobre a arquitectura franciscana en México, os programas iconográficos dos xesuítas en Lima, a presenza dos Jerónimos en Europa e América, a arquitectura jesuítica portuguesa durante a Contrarreforma e a arquitectura española cisterciense a través da prensa artística, entre outros moitos.
Formato: 21×17 cms. 184 pp.
ISBN 978-84-16460-49-6
O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España con maior densidade de xacementos arqueolóxicos. Esta guía, coeditada por Alvarellos Editora e a Deputación de Pontevedra, mostra 2.000 anos de historia de Galicia –dende a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo– a través de vinte emblemáticos xacementos, ubicados na provincia de Pontevedra.
Galaicos, un pobo entre dous mundos ofrece un amplo e atractivo despregue gráfico, que inclúe 160 impactantes fotografías e ilustracións, con textos e fichas elaboradas polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nas escavacións: Rafael Rodríguez, Antoni Nicolau, Xurxo Ayán, Diego Piay e Mª Luisa Castro.
Eles levarannos a coñecer, de primeira man e de xeito didáctico, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único.
A guía inclúe un percorrido polos xacementos de A Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, Monte do Facho, Monte do Castro, Alobre, Castrolandín ou Adro Vello, entre moitos outros.
Apórtanse os resultados das máis recentes investigacións, que sitúan a Galicia, na prehistoria, coma ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo, e perspectivas aéreas nunca antes vistas, obtidas por medio de drons.
Esta guía lánzase ao mercado coincidindo coa exposición homónima itinerante que se inaugura en Madrid, no Museo Arqueológico Nacional, no outono de 2018, promovida pola Deputación de Pontevedra. Abaixo podemos ver o vídeo promocional desta ambiciosa mostra:
Cartoné. 112 pp. 24 x 24 cms
ISBN 978-84-89323-95-7
A artista plástica Ana Cancela confeccionou esta obra na que reinvidica o tradicional oficio das redeiras.
Ao longo de 112 páxinas, a autora leva a cabo un suxestivo percorrido visual polo mundo das redeiras empregando, para iso, diversas técnicas artísticas que mesturan fotografía, gravado dixitalizado, debuxo e collage. A carón da obra plástica, o libro recolle tamén unha serie de textos procedentes de varios autores e relacionados sempre coa dignidade da muller, da muller traballadora, e coa defensa do oficio das redeiras.
As imaxes recollidas na obra proceden de redeiras de Portonovo, no municipio de Sanxenxo.
O PARADOXO DUN OFICIO TRADICIONAL
Como sinala no seu Limiar o filósofo Marcelino Agís, «Mulleres entre redes amosa un oficio tradicional, o das redeiras, mergullado nun sorprendente paradoxo. Por unha banda, é unha actividade imprescindible para a pesca: sen redes non se pode saír faenar. Por outra, trátase dun traballo que nos fala da invisibilidade da muller que o realiza: está no peirao pero ninguén pode ver esas mans que reparan as redes coas súas puntadas. Se cadra por esta razón este libro é ao mesmo tempo un testemuño dun traballo ancestral e unha reivindicación da dignificación e visibilidade deste oficio».
DO INVISIBLE AO VISIBLE
485 pp. 15x 23 cms
ISBN 978-84-89323-93-3
Participan na obra como coautores: ROSA MARGARITA CACHEDA BARREIRO, MIRIAM ELENA CORTÉS LÓPEZ,MARIO COTELO FELÍPEZ, ENRIQUE FERNÁNDEZ CASTIÑEIRAS, LEOPOLDO FERNÁNDEZ GASALLA, CARLA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, BEGOÑA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M. CARMEN FOLGAR DE LA CALLE, JOSÉ MANUEL GARCÍA IGLESIAS, ANTONIO GARRIDO MORENO, VIOLETA GONZÁLEZ FORTE, CARME LÓPEZ CALDERÓN, JOSÉ MANUEL LÓPEZ VÁZQUEZ, ANA I. MESÍA LÓPEZ, IVÁN REGA CASTRO, OFELIA REY CASTELAO, MARÍA RIVO VÁZQUEZ e DIEGO RODRÍGUEZ PAZ.
Textos e imágenes para una historia del arte gallego
Unha nova visión da arte de Galicia e a súa relación con outras manifestacións artísticas e culturais. Esta é a proposta que recolle o presente volume titulado La huella impresa. Textos e imágenes para una historia del arte gallego. Unha publicación de Alvarellos Editora e a Universidade de Santiago dirixida polo historiador Juan Manuel Monterroso Montero e coordinada por Carla Fernández Martínez.
Dezaoito historiadores da arte —integrantes do grupo de investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago— dan a coñecer nestas páxinas o resultado das súas últimas investigacións. Un esforzo colectivo, ilustrado con 130 imaxes, que abre novos camiños na interpretación da arte galega. Os especialistas estudan o patrimonio desde a arquitectura, a estampa e a pintura contemporánea, e poñén en diálogo todas estas expresións artísticas coa aparición e decisiva influencia da imprenta.
Dos apóstoles al final del Camino
ISBN: 978-84-89323-67-4
Páxinas: 228
Medidas: 20×19 cm
Idioma: castelán
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición: decembro 2011
García Iglesias reivindica a presenza de Santiago o Menor en Compostela
Santiagos de Santiago. Dos apóstoles al final del Camino é o título da nova obra do catedrático de Historia da Arte da USC José Manuel García Iglesias. Neste volume, co-editado por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, o autor leva a cabo un documentado percorrido (ilustrado con máis de cen fotografías) pola iconografía do culto xacobeo en Compostela e centrado en reivindicar a pegada dos dous apóstolos homónimos: Santiago o Maior e Santiago o Menor.
O culto a Santiago Zebedeo —ou o Maior— propiciou a construción da gran basílica compostelá, pero cando se estaba erguendo, chegou a esta urbe a cabeza de Santiago Alfeo —ou o Menor—, duplicando, de esta maneira e dalgún xeito, o ser xacobeo de Compostela.
Se o fillo do Zebedeo recíbenos no Pórtico da Gloria, é pola contra o fillo de Alfeo quen está na entrada da cripta, ou catedral vella. Do mesmo xeito, os máis grandes prelados de Santiago (Gelmírez, Landoira, Alonso III de Fonseca,…) fixeron especial fincapé neste dobre culto. Non obstante, o tempo fixo esquecer a Santiago o Menor, por mimetismo, en certa medida, co seu homónimo no apostolado.
Reivindicar a presenza compostelá de Santiago o Menor e, sobre todo, afondar na forma na que se interpreta aquí a Santiago o Maior, son os obxectivos desta obra.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Esta web utiliza Google Analytics para recompilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!