» Carta do neto de Leandro Carré a Alvarellos Editora (25/4/06)
MÁS ALLÁ DEL TIEMPO
5,90 €O libro inédito de 1965
Nº páxinas: 180
Medidas: 14 x 21 cms
Idioma: castelán.
Primeira edición: Marzo 2007
ISBN: 978-84–89323–15–5
Encadernación: cartoné.
Ilustracións: o libro inclúe unha galería gráfica con material pouco coñecido ou inédito (epistolario, mecanoscritos, fotografías…) relativo á xestación desta obra.
Limiar e estudo da obra: Helena González
[Letras Galegas 2007]
Más allá del tiempo é o libro inédito que María Mariño concluíu en 1965 e que permaneceu ilocalizable durante máis de corenta anos. Apareceu xusto cando as Letras Galegas homenaxeaban a esta enigmática escritora, en 2007.
Estamos ante o primeiro libro preparado e ordenado directamente por María Mariño. Más allá del tiempo permite despexar todas as incógnitas e recompoñer a fondo a súa obra.
Ademais de poeta, descubrimos que era unha narradora orixinal, consciente e insubmisa, con influencia dos movementos de vangarda e reveladoras composicións oníricas. Boa parte do libro semella un relato autobiográfico, que se completa coa até agora descoñecida poesía infantil.
Más allá del tiempo é a peza clave para entender a súa obra galega.
Esta edición conta cun amplo e documentado estudo introdutorio a cargo da profesora da Universitat de Barcelona, Helena González, responsable tamén da edición do texto.