20/06/2010, Diario de Ferrol, “Antonio López Ferreiro: obra recuperada”
18/05/2010, La Voz de Galicia: “A torre de Cira, no esquecemento”
04/05/2010, La Voz de Galicia, Xosé Ramón Fandiño: “López Ferreiro rachou co historiador romántico”
22/04/2010, El Correo Gallego, “Apuntes históricos”
14/04/2010, Galicia Hoxe, “Un século sen López Ferreiro”
28/03/2010, El Correo Gallego.es, “Leer, ver y escuchar”
28/03/2010, El Correo Gallego.es; ALFREDO CONDE, “Cousas da fe e a verdade histórica”
21/03/2010, Xornal.com, “Alvarellos recupera a obra breve de López Ferreiro no seu centenario”
SAN FRANCISCO DE ASÍS
29,00 €SIGLO XIII
Formato: 774 pp. 13×21 cms
ISBN: 978-84-89323-59-9
[Capa dura]
Emilia Pardo Bazán consideraba este extenso e erudito traballo sobre san Francisco de Asís e a Europa do século XIII como unha das súas obras máis logradas. De feito, o libro, publicado en 1882, foi un dos máis populares en vida da autora. Con todo, hoxe resultaba practicamente inencontrable para o gran público.
Tres especialistas en Pardo Bazán traballaron conxuntamente para dar a luz este rescate editorial: por unha banda, Javier López Quintáns, responsable da edición crítica; por outra, José Manuel González Herrán, que asina o estudo introductorio, e, finalmente, Cristina Patiño Eirín, responsable dos Apéndices. O tres pertencen ao grupo de investigación “Emilia Pardo Bazán” da Universidade de Santiago de Compostela.
O San Francisco de Pardo Bazán conserva para o lector actual boa parte do interese que suscitou no seu tempo. Quizá para os historiadores moitas das súas achegas perdesen vixencia, pero como obra literaria mostra o mellor da escritora: a súa capacidade para recrear imaxinativamente épocas, ambientes, personaxes; o seu dominio no manexo da lingua, e a súa prodixiosa provisión de información histórica e literaria.
INÉDITOS
A presente edición —que ve a luz da man de Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago— cando se cumpren oitocentos anos da peregrinación de san Francisco a Compostela, incorpora dous valiosos documentos de dona Emilia: unha carta-prólogo inédita, de 1878, dirixida aos frades do convento santiagués, e a conferencia «San Francisco e a guerra» (1914-1918). [Esta conferencia foi lida pola autora o 14 de xaneiro de 1917 na Asamblea de Terciarios de la Orden de San Francisco que tivo lugar na Iglesia de San Fermín de los Navarros, en Madrid. Así o recolle Aránzazu Guzmán na súa tese “La oratoria de Emilia Pardo Bazán”, presentada na UNED en decembro de 2014. Este dato foi obtido despois da publicación desta obra].