5,90 

[AGOTADO] ROMANCERO DE LA CIUDAD DE LUGO

Esgotado

5983fd4fe219
Compartir

Autoría

Aureliano Xosé Pereira de la Riva naceu en Lugo en 1855 e morreu en Madrid no ano 1906. De orixes familiares humildes, desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego e liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove. Como creador cultivou, á parte do xornalismo, o ensaio, a poesía, o teatro e a crítica. Dentro da súa obra destaca, ademais do seu Romancero de la Ciudad de Lugo (1892) o volume de poemas Cousas da aldea (1891) e numerosas composicións soltas publicadas en xornais e revistas, entre elas, o poema “Lonxe da terriña”, ao que o compositor Xoán Montes Capón (Lugo, 1840-1899) puxo música, convertíoo nunha das súas seis coñecidas baladas. O mesmo Montes musicou tamén as súas poesías “Antroidada” e “A sega”.

Un século despois de ser publicada por vez primeira en Lugo (polo editor José Fernández Carballo, en 1892), Alvarellos Editora lanzou en 1990 a edición facsímile deste Romancero de la ciudad de Lugo de Aureliano J. Pereira, unha obra coa que esta empresa principiaba unha nova colección, a de Facsímiles do século XIX. Esta obra artella unha historia fantástica, en verso, da cidade de Lugo. Desde as orixes míticas ata os tempos contemporáneos do autor. Tralos versos deste romance van emerxendo apuntes cruciais na historia de Lugo: o asentamento dos suevos, os bispos don Pelayo, Odoario, Juan Hernández, don Lope…, o paso dos árabes, os condes de Lugo, as revoltas populares, María Castaña, o Conde de Lemos, etc. No Epílogo sinala o autor o propósito do seu traballo: El ignorado poeta, obscurecido entre sombras, aspiró con sus canciones á tejer una corona para ofrecerla rendido á aquella Lucus famosa, que se adormece amurallada por las cristalinas ondas del Miño, que en su corriente el azul del cielo copian O responsable do Limiar é o historiador e intelectural Benito Fernández Alonso (Entrimo-Ourense, 1848-1922), que foi Cronista da cidade de Ourense, presidiu a Asociación da Prensa Ourensana e foi membro activo da Comisión de Monumentos de Ourense. Este Romancero foi premiado no certame da Asociación de escritores y artistas de Lugo en outubro de 1891. Como Apéndice inclúese a reprodución facsímile da obriña Poesías originales (1891) que recolle dous poemas en galego, un deste autor (“Terra, a miña”), e o outro de D. L. González López (“A víspora de San Xoán en Montecubeiro”) que foron acredores respectivamente do premio e o accésit de honra do Certamen Literario y Artístico celebrado en Lugo o 6 de outubro de 1891.