3,00 

[AGOTADO] MULLERES DESTACADAS DE GALICIA

Esgotado

2a2a5723afcf
Compartir

Autoría

Enrique Alvarellos Iglesias (A Coruña, 1931-Lugo, 2004). Músico, editor, escritor e profesor de linguas clásicas.

Enrique Alvarellos Iglesias dedica este libro “a todas aquelas mulleres que, por seren consideradas propiedade privada, son lamentablemente víctimas de malos tratos e humillacións”. Mulleres destacadas de Galicia é un compendio ordenado alfabeticamente de 1.225 nomes de mulleres de dentro ou fóra de Galicia que tiveron ou teñen que ver moito co progreso desta terra. Di o autor no Limar: “Unhas destacan pola súa sabeduría e ciencia, outras polo seu bonfacer e influencia social ou política. Hainas que ocupan relevantes cargos de responsabilidade, e son moitas as que brilan no eido das belas artes… Finalmente reseño ás que acadaron títulos polo seu físico”. Entre as mulleres destacadas neste volume de preto de catrocentas páxinas inclúese a Enriqueta Otero, Julia Minguillón, Emilia Pardo Bazán, María Jesús Sáinz, Rosalía de Castro, Sor Gloria, Araceli Filgueira, Tonina Gay, Luz Darriba, Luz Casal, Branca Pazos, Luz Pozo Garza… Así ata 1225. Reflexiona o autor: “Xa ninguén pode negar que oficialmente a muller ten recoñecidos todos os seus dereitos. A pregunta vén agora. ¿Cánto tempo terá que pasar para que esa igualdade formal e maila igualdade real cheguen a ser unha mesma cousa?”.