10,00 

[AGOTADO] HISTORIA DE SARRIA

Esgotado

cae89cfa558a
Compartir

Autoría

Diego Pazos García faleceu en Sarria en 1920, a mesma vila que o vira nacer. Rexistrador da Propiedade, autor de varios libros e numerosos artigos, a Real Academia de Ciencias Morais e Políticas distinguiuno cun importante premio ao seu labor científico-literario. A súa vila natal soubo tamén perpetuar a súa memoria dedicándolle unha das súas rúas máis importantes.

A obra Historia de la villa y comarca de Sarria inicia en 1916 os estudos históricos desta importante comarca do sur da provincia luguesa. Tal e como sinala o arqueólgo Felipe Arias Vilas no Limiar, estamos ante “unha historia lineal das linaxes e dos feitos bélicos ou os problemas xenealóxicos dos Condes de Lemos e Marqueses de Sarria (…) e inclúense tamén descricións xeográficas da comarca”. Arias Vilas completa, coa súa especialidade, e nesas mesmas liñas introductorias, os datos de Diego Pazos, centrándose o arqueólogo nos primeiros séculos da nosa era, dende o tempo da romanización ata a Alta Idade Media.