5,90 

[AGOTADO] HISTORIA DE RIBADAVIA Y SUS ALREDEDORES

Esgotado

495f35464041
Compartir

Autoría

Samuel Eiján Lorenzo (San Clodio-Leiro, Ourense 1876- Santiago 1945) foi un esgrevio persoeiro da orde franciscana, poeta e historiador. Escribiu en castelán e en galego, e a súa novela El socialista modelo foi traducida ao francés. Entre a súa obra poética destacan tres libros de poemas galegos: Mágoas, Versos gallegos e Da ialma. Foi membro numerario da Real Academia Galega.

Monumental obra de referencia do franciscano Samuel Eiján sobre a súa comarca natal, O Ribeiro. Editada orixinalmente en Madrid en 1920, Alvarellos Editora publicou esta edición facsímile en 1981. O volume desenvolve un amplísimo, rigoroso e ameno estudo en preto de 750 páxinas sobre todos os aconteceres históricos que foron conformando Ribadavia e a súa bisbarra. Ao final, esta Historia de Ribadavia inclúe un práctico índice de autores, obras, arquivos citados, pobos e lugares.