64,00 

[AGOTADO] HISTORIA DE GALICIA (7 tomos)

Obra voluminosa en sete tomos e preto de 3.000 páxinas que abrangue dende a Prehistoria ata o reinado de Isabel II. “La historia del primer pueblo de Europa”, en opinión do autor, o ferrolán Benito Vicetto. A Historia de Galicia foi publicada orixinalmente en Ferrol polo editor Nicasio Taxonera entre 1865 e 1874, anos nos que Galicia vivía o chamado Rexurdimento das súa cultura. O historiador Felipe Arias Vilas afirma no Limiar de esta obra que “con ela, o autor ferrolán axudou a sentar as bases históricas do nacionalismo galego, sendo, neste senso, un verdadeiro precursor dos investigadores da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos. Esta obra é todo un emblema para Alvarellos Editora, pois con ela iniciou, en 1978, a súa colección de facsímiles. Os sete tomos que integran a Historia de Vicetto eran daquela (cen anos despois da súa publicación primeira) practicamente imposibles de atopar fóra dalgunha boa biblioteca ou colección de vello. Esta empresa decidiu naquel momento editar unha colección rústica, moi económica, popular, destinada á máxima difusión da obra do ferrolán, que se vendía, en 1978, a 3.500 pesetas (os sete tomos).

Esgotado

9c46875a13f8
Compartir

Autoría

Benito Vicetto Pérez (Ferrol, 1824-1878) foi un dos precursores do “Rexurdimento” das letras, a cultura e a indentidade galegas. Home romántico, liberal, autodidacto e polifacético, cultivou diferentes xéneros literarios. As súas obras —cincoenta volumes— están enteiramente escritas en castelán. Como xornalista, dirixiu El Clamor de Galicia (1855) onde faría a súa aparición xornalística o entón chamado rexionalismo galego. Dúas das súas obras máis sobranceiras son Los Hidalgos de Monforte (Sevilla, 1851) e Los reyes suevos de Galicia (A Coruña, 1860). (Alvarellos Editora publicou en 1978 a biografía de Vicetto, o libro Benito Vicetto iñorado de Xosefina lópez de Serantes. O volume está agotado actualmente —2005— e pendente de reedición).