29,00 

[AGOTADO] ARQUITECTURA

Esgotado

e6d66deb6e4f
Compartir

Autoría

Marco Vitrubio Polión foi un arquitecto e enxeñeiro romano que viviu no século I a. C., contemporáneo do césar Augusto. Entre os anos 35 e 25 a. C. redactou os dez libros que compoñen De Architectura, destinados probablemente ao emperador. Supónselle nacido en Verona, aínda que moi pouco máis se sabe da súa vida.

[TÍTULO AGOTADO]

_x000D_
_x000D_

Os dez libros que integran esta obra de Vitrubio están considerados a summa da arquitectura e a urbanística grecorromanas, e foron así recoñecidos e mesmo seguidos ata ben entrado o século XIX. O volume que presentamos é a edición facsímil dunha das máis famosas edicións españolas, a tradución do latín e o estudo que levou a cabo en Madrid en 1787 Joseph Ortíz. Está encadernado a todo luxo e inclúe 56 láminas con debuxos onde se reproducen fielmente as descricións de Vitrubio. Na súa Arquitectura, Vitrubio afonda na esencia desta ciencia, e vai describindo a contrución dos edificios, os tipos de columnas, o foro e as basílicas, pasando polos adros, os pavimentos, a pintura das paredes… E aínda chega máis alá, pois demostra a súa amplísima formación ao incidir tamén en eidos como a Astronomía (aborda a orde do universo, os planetas, a esfera terrestre) ou a Mecánica, aplicada á enxeñería civil e militar. Algunhas das curiosidades que resolve na súa magna obra son, por exemplo, cómo atopar auga, as propiedades dalgunhas fontes, cómo medir as millas dun camiño, inclúe así mesmo unha descrición dos reloxos ou as proporcións das ballestas. Cómpre lembrar que, por exemplo, a Muralla de Lugo —que é o único fortín romano que se conserva íntegro no mundo—, ergueuse seguindo as descricións que para este tipo de defensas ideou Vitrubio. Reproducimos un dos fragmentos da súa Arquitectura: En la fundación de una ciudad, será la primera diligencia la elección de paraje más sano. Lo será siendo elevado, libre de nieblas y escarchas; no expuesto a aspectos calurosos ni fríos, sino templados. Evitarase también la cercanía de lagunas; porque viniendo a la ciudad las auras matutinas al salir el sol, traerán consigo los humores nebulosos que allí nacen… Vitrubio sostiña que toda obra debe cumprir tres principios básicos: que fose resistente, bela e útil. Estes tres principios permanecen hoxe vixentes; pero demasiadas veces son lamentablemente ignorados.

_x000D_