29,00 

[AGOTADO] ARGOS DIVINA

Esgotado

1368103c0d99
Compartir

Autoría

Juan Pallares Gayoso (1614-1668). Ilustre historiador. Foi canónigo da Catedral de Lugo.

Sancta María de Lugo de los Ojos grandes. Fundación y Grandezas de su Iglesia, Sanctos naturales, Reliquias y Venerables Varones de su Ciudad, y Obispado y Obispos y Arçobispos que en todos imperios la governaron. O traballo póstumo de Juan Pallares Gayoso que presentamos en edición de luxo é o facsímile da publicación orixinaria do ano 1700, editado polo propio irmán de Juan Pallares, Pedro Pallares Gayoso -mestrescola da Basílica Maior luguesa- e polo seu sobriño, Jacobo Antonio Pallares y Somoza. Argos Divina ofrécenos unha exposición erudita da historia da diócese luguesa. É a primeira historia barroca de Lugo, na que Pallares Gayoso trata sobre todo de prestixiar á cidade. E estamos tamén ante unha interesantísima fotografía da cidade de Lugo desta época, dos últimos anos do século XVII. Un exemplo é a súa descrición das bancadas do teatro romano que o autor ten ante os seus ollos: En la plaza Mayor, que llaman de las Cortiñas de San Roman, ai un promontorio de guijarros hermanados con argamasa, y de la misma fortaleza que los de la fuente del castiñeiro, y Baño; muchos se persuaden, fue artificio de los Romanos.