[AGOTADO] ALMANAQUE DE LA INQUISICIÓN

53083243d8fc
Compartir

Autoría

Un dos primeiros títulos publicados por Alvarellos Editora. A edición facsímile dunha obra moi polémica editada por primeira vez en Madrid en 1911 e asinada baixo seudónimo. En 1978, ano no que saíu esta edición, cumpríanse os 500 anos da posta en marcha da institución do máis temido tribunal da historia, a Inquisición. Neste Almanaque de la inquisición nárranse todas as atrocidades cometidas en todo ese lamentable período da historia da Iglesia, descríbense e mesmo ilústranse os tormentos máis socorridos, e a obra, non exenta dun fondo humor negro, aparece dedicada a unha serie de personaxes: “A los ilustres varones Torquemada, que quemó a 8.800 españoles vivos, 6.500 en efigie y penitenció a 90.004. A Deza, que quemó vivos a 2.536 (…). A Cisceros, a Adriano Florencio…”